É preciso fomentar o emprego en Cabana, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Un rural vivo e dinámico, que xere emprego e sexa o proxecto de vida e de futuro da nosa xente nova, o obxectivo de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

As parroquias de Cabana necesitan unha atención prioritaria. Dinamizar o rural, xerar emprego, que a xente nova se quede en Cabana e teña un proxecto de vida e de futuro en Cabana é fundamental. Somos o partido político que garante un rural vivo e con todos os servizos.
Por iso este domingo 26 pedimos a túa confianza e unha oportunidade para desarrollar un futuro mellor para Cabana.

Un rural vivo e dinámico, que xere emprego e sexa o proxecto de vida e de futuro da nosa xente nova, o obxectivo de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Apoderamento das mulleres, É preciso fomentar o emprego en Cabana, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), a alternativa política que apodera ás mulleres e o territorio

Votar a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) é votar ás mulleres de Cabana, aos seus dereitos e ao emprego para todas. O noso obxectivo como alternativa de futuro é o apoderamento das mulleres en todos os eidos da vida económica, social, política, cultural…etc. Connosco haberá mulleres nas categorías superiores e técnicas da administración local e emprego para todas as cabanesas que o precisen. Para iso contaremos por fin co desarrollo do polígono industrial. Se todo vai conforme ao previsto e as veciñas e veciños de Cabana nos dades a vosa confianza o vindeiro día 26, e se todo vai conforme ao previsto ata o de agora, unha empresa vencellada ao Ibex 35, instalaríase no polígono de Nantón -Anos da man de CIC, para xerar emprego alomenos para 138 mulleres. 
Por iso pedimos o voto a todas as mulleres de Cabana, porque ademais todas e todos confiamos en que somos a mellor alternativa para as mulleres do noso municipio.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), a alternativa política que apodera ás mulleres e o territorio
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), a alternativa política que apodera ás mulleres e o territorio
16 anos de desgoberno en Cabana, É preciso fomentar o emprego en Cabana, Por que non se perderon as axudas da Deputación da Coruña para a promoción turística do municipio?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O concello cabanés perde as axudas da Deputación da Coruña para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo. Ponteceso recibe 16.480 euros, Malpica 16.240 euros e Laxe 12.125,78. Cabana á cola da promoción turística

Non están ao que hai que estar. Hoxe coñecíanse as axudas concedidas pola Deputación provincial da Coruña para a promoción turística dos concellos e Cabana non recibe nin un euro. Coa Semana Santa e o verán ás portas aínda non teñen previsto facer nada para promover o turismo en favor da hostalería cabanesa.

Os vertidos no litoral cabanés afectan á imaxe do municipio
Concesión das axudas para o financiamento dos custos de persoal das oficinas de turismo para concellos de menos de 50.000 habitantes. Cabana non figura entre os beneficiarios
É preciso fomentar o emprego en Cabana, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Os contratistas de Cabana quedan a “dúas velas”. A rehabilitación da rectoral de Cesullas tamén recaeu, ao igual que a senda ciclista, nunha empresa allea ao municipio. Non se crea emprego no municipio se non se adxudican as obras aos empresarios cabaneses

As adxudicacións das obras e servizos do desgoberno cabanés, non recaen en empresarios do municipio e así é imposible crear emprego. Non fai nada polo noso empresariado.

Ten o polígono industrial de Nantón a toxos e por enriba, as obriñas que fai, dállelas a empresarios de fóra do concello. Non quererán que se lles saiba a vida?

Os contratistas de Cabana quedan a “dúas velas”. A rehabilitación da rectoral de Cesullas tamén recaeu, ao igual que a senda ciclista, nunha empresa allea ao municipio.

As obras importantes en canto á contía económica, recaen todas en empresas de fóra do municipio cabanés. Non só foi a senda ciclista senón tamén o é agora o arranxo da rectoral de Cesullas. 

Non se pode xerar emprego en Cabana, se as obras non recaen nos contratistas do municipio. 

O desgoberno para quen traballa entón? Por que non recaen as adxudicacións das obras nos empresarios deste municipio?


Ten o polígono industrial de Nantón a toxos e por enriba, as obriñas que fai, dállelas a empresarios de fóra do concello. Non quererán que se lles saiba a vida?
A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, É preciso fomentar o emprego en Cabana, Dimixión xa!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Cabana á cola da renda dispoñible por habitante, no posto número 189, segundo o último informe da Axencia Tributaria para a Costa da Morte

Ponteceso está no posto 128 e Laracha e Carballo no posto 85. Cada ano que pasa hai menos renda dispoñible para os cabaneses e as cabanesas. Cabana á cola da renda dispoñible por habitante, no posto número 189. A Cidadanía de Cabana ten menos diñeiro que a dos municipios darredor.

Despois de 16 anos de goberno do Partido Popular estamos moito peor. Cabana arrastra un déficit histórico e estrutural en servizos, emprego e xeración de industria que supera porcentualmente ao dos concellos limítrofes.

O falla de desarrollo do polígono industrial de Nantón, despois de promesas e promesas todas incumpridas, lastrou significativamente o peto das cabanesas e dos cabaneses. Todos os municipios avanzan, agás Cabana.

Por iso, cómpre repensar moito estes datos facilitados pola Axencia Tributaria. A Cidadanía de Cabana é a que menos renda dispoñible ten en comparación co resto dos municipios limítrofes.

É hora de concienciarse e mudar isto! Este desgoberno non é a solución!

Non hai diñeiro
Cabana á cola da renda dispoñible por habitante, no posto número 189

9.jpg
Máis pobres, despois de 16 anos de desgoberno

 

 

É preciso fomentar o emprego en Cabana, Que "agacha" o silencio da oposición cabanesa?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Mulleres de Cabana quedan sen traballo na ría porque as prazas de mariscadoras outórganse a mulleres de Zas. Por que non se xera emprego na ría para mulleres de Cabana?

Resulta paradóxico que mulleres doutros concellos rematen traballando no marisqueo da ría de Cabana. Por que ocorre isto? Que opina o desgoberno cabanés? Parece que pasa o mesmo que co tren turístico, que tamén pasa tempadas por Zas en vez de traballar o turismo a prol dos intereses de Cabana.

É moi necesario fomentar o emprego no concello de Cabana de Bergantiños, e ningúen mellor que a Cidadanía de Cabana para traballar a súa ría e mover a economía municipal que tanta falla fai.

Pedimos e esiximos unha explicación, porque isto non pode volver a suceder.

6
Casa das Mariscadoras de Cabana, emblema do empoderamento feminino das mulleres cabanesas vencelladas ao mar