En investigación..., O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

O alcantarillado das Revoltas, Pedracuca e Exipto, directamente á ría cabanesa? A vergoña multiplícase. En pleno século XXI, as verteduras emporcan o litoral cabanés e a praia do Pendón. Non fan nada? Só quentan a silla?

Co temporal rebordou o alcantarillado cabanés, porque parece que as augas pluviais non se separan das augas residuais cando debera facerse. O rexistro colector e a fosa séptica que está á beira do paseo marítimo, na praia do Pendón rebordou e a porquería unha vez máis, foi parar á ría.

Así funciona o desgoberno cabanés. E logo a Cidadanía paga o recibo da auga para que todo acabe na ría, cando tiña que acabar na depuradora de Lodeiro, en Canduas. Pero parece que non é así. Que fixeron cos cartos?

É unha vergoña moi grande que en pleno século XXI as augas residuais do litoral cabanés acaben na ría, pola falla do debido saneamento.

Os cartos en vez de ir para facer un saneamento integral do litoral, van a parar a manchea á casa do Pendón. Vergoña…! Non hai palabras. Para que cobran o recibo polo saneamento cando parece que non sanean nada???

En investigación..., Problemas na depuración das augas residuais en Cabana, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Problemas na depuración das augas residuais da parroquia de Nantón

A falla de depuración de augas residuais acumula os lodos na contorna da depuradora e os malos cheiros afectan ás fincas colindantes. A depuradora non funciona e o concello non toma medidas para solucionar os malos cheiros que produce o sistema de decantación.

O desleixo do goberno cabanés repercute na saúde dos ríos e na entorna dos veciños afectados.

Depuradora da parroquia de Nantón
Depuradora de augas residuais da parroquia de Nantón: os lodos bordean o sistema de depuración

IMG-20180819-WA0000
Os malos cheiros afectan ás parcelas contiguas á depuradora de Nantón

Depuradora de Nantón
Problemas na depuración de augas residuais en Nantón

En investigación..., O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Que "agacha" o silencio da oposición cabanesa?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A visita do Seprona as depuradoras cabanesas evidencia que non funcionan e que verten directamente ao río. O chollo de OGPO, S.L, agora Hidrantia, no concello cabanés

Tanto a depuradora de Nantón como a do Regengo están arestora a verter directamente ao río e non funcionan. A falla de mantenemento evidencia o descontrol do concello cabanés sobre a empresa concesionaria do servizo.  A empresa coruñesa Organización y Gestión de Proyectos y Obras, S.L, (OGPO, S.L.) resultaba adxudicataria da xestión integral do servizo de abastecemento e auga potable e saneamento por importe de 987.168,50 euros sen ive. Case que un millón de euros para unha empresa, que agora chámase Hidrantia, vencellada segundo os medios de comunicación, a través dun dos seus representantes ao “Cártel galego do Asfalto”, e que podería estar a incumprir o contrato de concesión do servizo de augas do municipio.

Esta semana a Garda Civil Seprona visitaba as instalacións da depuradora de Nantón que, tras semanas sen funcionar, segue a verter directamente ao río. O mesmo ocorre coa depuradora do Regengo. A gravedade está en que a contaminación acabaría coa fauna do ríos e podería afectar gravemente ao río Anllóns, que forma parte da Rede Natura.

Non se explica como ocorre isto. O que sí está claro é que a auga cabanesa semella non reunir as condicións necesarias para o consumo humano, e que desde o concello, parece que non se toman medidas serias para atallar os problemas de contaminación hídrica e que poderían acabar coa xa escasa pesca que queda nos ríos. Tampouco se entende que non se obrigue á empresa concesionaria do servizo de augas a cumprir co contrato, e se permita a contaminación do rego da Barcia e o rego Cundíns.

A
Estación depuradora do Regengo, Cabana de Bergantiños

 

As casualidades non existen, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento, En investigación...

O desgoberno cabanés pagou con carto público dous informes técnicos á empresa OGPO, S.L. (agora chamada Hidrantia), que xestiona as augas municipais e vencellada ao chamado “Cártel galego do asfalto”, para que a Xunta aprobara o parque eólico de Fenosa no Alto da Fernandiña.

O concello de Cabana de Bergantiños paga cos cartos de todas as cabanesas e cabaneses dous informes técnicos para axudarlle á Fenosa a conseguir autorización ambiental para instalar tres muíños eólicos no Alto da Fernandiña, entre Canduas e Borneiro.

Por se Fenosa non tivera poucos beneficios, por enriba, o desgoberno cabanés axúdalle, pagando do peto público os informes técnicos para que a Xunta de Galicia informara favorablemente o proxecto eólico de Fenosa Wind, agora Naturgy.

Por iso, porque as causalidades non existen, Cidadanía de Cabana solicitará que se investiguen estes contratos e pagos realizados a OGPO, S.L., que cando menos chaman moito a atención.

11.jpg.png
Parágrafos da autorización ambiental do parque eólico Mouriños, en Canduas

OGPO, S.L. titular da concesión do servizo das augas municipais do concello cabanés por preto dun millón de euros e beneficiaria de outros contratos municipais, chámase agora Hidrantia. Un dos seus cargos estivo vencellado ao chamado “Cártel galego do Asfalto”.

Pero, que hai detrás de Hidrantia? 

En principio hai 3 apoderados: Vicente Lourido Vázquez, Juan Sanmartín Ferreiro e Rebeca Sánchez Naveira. A empresa constituiuse con un capital de 3.030 euros e recentemente realizou unha ampliación de capital de 10 euros. Aínda non presentou as contas do ano 2017 e en teoría supostamente presenta perdas. Ten o seu domicilio preto da antiga Fábrica de Tabacos da Coruña e realizou unha ampliación do seu obxecto social para adicarse ás promocións e inversións inmobiliarias e a prestar servizos de consultoría no campo da informática e as novas tecnoloxías.

Juan Sanmartín Ferreiro é o director xeral de OVISA, coñecido no mundo das autovías galegas, Conselleiro de ACEGA (autovía Santiago -Dozón), Xerente UTE Piedrafita, diversas responsabilidades en varios tramos de autovia: San Ciprián -Allariz, UTE Ourense -Melón.

Véxase: https://es.linkedin.com/in/juan-sanmartin-ferreiro-23149045

O apoderado de Hidrantia, Juan Sanmartín Ferreiro, vencellado con Ovisa, a empresa que os medios de comunicación relacionaban co Cártel galego do Asfalto.

https://galicia.economiadigital.es/directivos-y-empresas/el-cartel-gallego-del-asfalto-burla-a-competencia-en-los-tribunales_336641_102.html

“El que fue conocido como ‘cártel del asfalto’ acordaba ofertas a la baja para presentarse a licitaciones de las administraciones como empresas que competían entre sí. La ganadora, compensaba económicamente al resto. El fraude se destapó en 2011 y Competencia incluyó en la trama a cinco empresas gallegas a las que impuso ocho millones en multas.

Dos de ellas, Extraco, construccións e proxectos y Misturas, obras e proxectos, con sede en Ourense, continúan la pugna judicial en el Tribunal Supremo; la también ourensana Ocasa y su filial Betunes y firmes, lograron una estimación parcial de su recurso ante la Audiencia Nacional; mientras que la quinta, Ovisa Pavimentos y Obras, con domicilio en Outeiro de Rei (Lugo), ha encajado un fallo desfavorable de la Audiencia Nacional, aunque Competencia no confirma que haya pagado la sanción correspondiente, que ascendía a 100.000 euros”.

Fonte: EDeconomía Digital.

77.jpg
Esteiro do Anllóns, ría de Corme-Laxe

 

11.jpg.png