O “afán expropiatorio” do actual desgoberno lévao a prescindir da vontade da Cidadanía afectada.
No lugar das Revoltas teñen previsto realizar unha serie de expropiacións que poderían afectar aos valados e muros das fincas. As expropiacións tamén afectarían ao camiño dun particular, que sería obxecto de ampliación, para supostamente darlle acceso a un chalé privado.
Pensamos que o “desgoberno” está a practicar un urbanismo e unhas obras públicas dunha forma bastante “agresiva”, porque cada vez son máis rexeitadas pola Cidadanía.
A Cidadanía de Cabana tivo que traballar duro para conseguir unhas propiedades privadas, que agora lles queren expropiar así sin máis e sen apenas compensación. A xente cando ten unha propiedade é para deixárllela ás fillas e aos fillos. Non para dárllela así sin máis ao desgoberno, sen compensación algunha.



