Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Apoderamento das mulleres, Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, Este espazo apodera ás Mulleres, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Votar a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) é votar ás mulleres de Cabana, aos seus dereitos e ao emprego para todas

Votar a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) é votar ás mulleres de Cabana, aos seus dereitos e ao emprego para todas. 
Se todo vai conforme ao previsto ata o de agora, unha empresa vencellada ao Ibex 35, instalaríase no polígono de Nantón -Anos da man de CIC, para xerar emprego alomenos para 138 mulleres. 
Por iso pedimos o voto a todas as mulleres de Cabana, porque ademais todas e todos confiamos en que somos a mellor alternativa para as mulleres do noso municipio.

Votar a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) é votar ás mulleres de Cabana, aos seus dereitos e ao emprego para todas
8 de marzo, Día Internacional da Muller, Cada día e todos os días, en igualdade de oportunidades, Este espazo apodera ás Mulleres

8 de marzo, Día Internacional da Muller. Queremos Mulleres Apoderadas e Libres

Estamos coas Mulleres e coa Igualdade de oportunidades. Estamos co necesario e imprescindible apoderamento das Mulleres do país e do noso municipio, Cabana de Bergantiños.

Estamos coas Mulleres todos os días do ano. Este é un espazo sen violencias. Este é un espazo que apodera ás Mulleres todos os días do ano. Este é un espazo de Mulleres valentes, sabias, emprendedoras, feministas e que loitan cada día pola igualdade de oportunidades delas e das demáis.

Loitamos cada día para que as Mulleres acaden cotas de poder máis amplas nos sectores económicos e produtivos deste país. Loitamos cada día para eliminar todo tipo de violencias, incluida a violencia institucional que invisibiliza ás mulleres nas políticas económicas e produtivas deste país.

Apoderar ás Mulleres nos sectores económicos e produtivos deste país, a gran tarefa pendente dos poderes públicos.