16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Fallos na saneamento do litoral cabanés, Onde van os cartos?

O litoral cabanés “fede”. Case un millón de euros para a concesionaria OGPO, S.L., para realizar un traballo que parece que non fai: o saneamento do litoral e a xestión das augas residuais verten á ría. Estafa??

Por que o desgoberno “estaría a pagar” a unha empresa que non cumpre co seu traballo?

Por que a Cidadanía de Cabana tería que seguir pagando por uns recibos e uns servizos que non se prestan? Que fai o desgoberno?

16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Fallos na saneamento do litoral cabanés, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O desgoberno explícalle a Conselleira de Infraestruras os motivos polos que as augas fecais de Neaño, van parar á ría cabanesa? Ou por que expropian os terreos a 1€ o metro cadrado? Non desto non falan, non interesa

Tivo lugar onte, ao longo da estrada autonómica que vai das Revoltas a Neaño. Falaron os dous: o desgoberno e a conselleira. Pero por que non falaron das augas fecais que van a parar a ría cabanesa? Por que o desgoberno non lle botou en cara á Conselleira que só pagaban os terreos a 1€ o metro cadrado, deixando empobrecida á Cidadanía?

Non interesaba. Só falaron de cousiñas bonitas, para quedar ben diante da prensa “amiga” e pensando nas eleccións. De cousiñas bonitas e do ben que quedaba a obriña de máis de 500.000 € feita por López Cao, o “enchufado” da Conselleira?

O desgoberno “explicando á Conselleria os motivos polos que as augas fecais de Neaño acaban no litoral cabanés”? Non desto non falan. Falan de cousiñas bonitas para quedar ben na prensa.
O desgoberno “explicando á Conselleira por que se pagan os terreos nas expropiacións a 1€ o metro cadrado”? De por que deixan “empobrecidos os propietarios coas expropiacións con precios de risa”? Non, desto non falan. Só falan de cousiñas bonitas, para quedar ben na prensa.
Contaminación da ría cabanesa pola ausencia de saneamento, Fallos na saneamento do litoral cabanés, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Augas de Galicia inicia expediente sancionador ao concello de Cabana, polos verquidos de fecais realizados no litoral Cabanés

Augas de Galicia inicia un expediente sancionador ao concello de Cabana, polos verquidos de fecais realizados no litoral cabanés.

Augas de Galicia realizou unha proposta de resolución que notificou ao desgoberno para a realización das alegacións.

O desgoberno “oculta” esta información. A Cidadanía ten dereito a coñecer canto temos que pagar pola sanción.

Chapuzas nas obras públicas, Fallos na saneamento do litoral cabanés, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

As fosas sépticas nas encrucilladas dos camiños, rebordan cando chove, pola súa falla de capacidade e vai todo pola estrada abaixo

Así son as “grandes obras” do desgoberno cabanés. Fosas sépticas de pouca capacidade nas encrucilladas, que cando chove moito rebordan, e vai todo estrada abaixo. Numerosas testemuñas puideron ver onte como rebordaba a do lugar das Redondas e no lugar da Áspera.

IMG-20181111-WA0003
Lugar da Áspera, en Neaño

IMG-20181105-WA0004
Fosa séptica nas Redondas

77
Fosa séptica nas Redondas

Cidadanía en Movemento, Fallos na saneamento do litoral cabanés, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

Localizado un segundo punto de verquido no litoral cabanés. Saen á luz os segredos do desgoberno cabanés: verquidos a eito na ría?

Éncheselles a boca falando de Dombate, pero o litoral cabanés está de pena. No seu día gastáronse 240 millóns das antigas pesetas, para a acometida do saneamento integral do litoral cabanés, pero hoxe en día, onde está o saneamento? Que fan cos cartos? Ningún municipio moderno do século XXI permitiría tal atrocidade, e por que temos que soportar isto a Cidadanía de Cabana?

Váianse xa!

IMG-20181004-WA0011
Punto de verquido entre as Revoltas e as Grelas, Cabana de Bergantiños

IMG-20181004-WA0013
Punto de verquido entre as Revoltas e as Grelas, Cabana de Bergantiños

IMG-20181004-WA0015
Punto de verquido entre as Revoltas e as Grelas, Cabana de Bergantiños

IMG-20181004-WA0012
Punto de verquido entre as Revoltas e as Grelas, Cabana de Bergantiños