Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Vota José Díaz Rodríguez, un futuro mellor para Cabana

Todos os que queremos o mellor para Cabana temos este domingo a oportunidade de poñer fin a 16 anos de desgoberno e involución. A 16 anos perdidos. Temos a responsabilidade de elexir un goberno que pense nos intereses das veciñas e dos veciños, que planifique o futuro e que resolva os problemas do presente. Un goberno que non minta, que non divida, un goberno que trate a todo o mundo exactamente igual. O mellor para Cabana é ter un horizonte que alcanzar e un rumbo claro.
En Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) queremos que Cabana sexa un referente na Costa da Morte e en Galicia, con oportunidades para traballar, para vivir e para disfrutar. Por iso che pedimos que este domingo nos dés o teu apoio. Temos o mellor equipo, temos o mellor programa de goberno e co teu voto, o único voto útil, recuperaremos unha mellor Cabana.
Vota Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC). Vota José Díaz Rodríguez, un futuro mellor para Cabana.

Vota José Díaz Rodríguez, un futuro mellor para Cabana
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A nosa axenda de mitins remata coa seguinte cita: Venres, día 24 de maio ás 21 horas, no Café Bar Os Barreiros, na parroquia de Cundíns.

A nosa axenda de mitins remata coa seguinte cita:
• Venres, día 24 de maio ás 21 horas, no Café Bar Os Barreiros, na parroquia de Cundíns.

A nosa axenda de mitins remata coa seguinte cita: Venres, día 24 de maio ás 21 horas, no Café Bar Os Barreiros, na parroquia de Cundíns
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A posta a punto das parroquias cabanesas, un obxectivo a cumprir para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Que hai no programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) para as parroquias cabanesas?

1.- Arranxo integral das pistas forestais de todas as parroquias, para que incluso un vehículo normal poida circular por elas.

2.- Limpeza de cunetas e corta periódica do céspede das áreas recreativas, campos das festas e carballeiras.

3.- Arranxo integral dos parques infantís e instalación de parques biosaudables en todas as parroquias, con aparellos de ximnasia para as persoas maiores e demáis persoas usuarias.

4.- Apertura ao público dos distintos locais sociais do concello e dotar os mesmos do mobiliario e tecnoloxía suficiente, para que as veciños e veciños poidan dispoñer deles de maneira cómoda.

5.- Saneamento integral das parroquias para que os vertidos non vaian campo a través.

6.- Captacións de auga e servizo de auga doméstica a todas as vivendas en condicións óptimas.

7.- Reducir ao mínimo o recibo da auga, naquelas parroquias nas que o servizo está xestionado polo concello.

8.- Abrir os puntos de lectura das parroquias ao público, con material novo e dotalos de wifi, ordenadores e demáis tecnoloxía que facilite a vida á veciñanza.

9.- Realizar unha convocatoria anual de subvencións e axudas para todas as asociacións, clubes deportivos, comunidades de augas e comisións de festas para as inversións e actividades que precisen.

10.- A posta a punto dos campos de fútbol e pistas deportivas de cada parroquia.

11.- A posta a punto do alumeado público de cada parroquia seguindo criterios de eficiencia enerxética e escasa contaminación lumínica. Renovar o alumeado público de todas as igrexas, áreas recreativas, campos de fútbol e pistas deportivas, parques e xardíns, prazas…etc.

12.- Nova cartelería e paneis indicativos para a sinalización das parroquias, lugares emblemáticos, monumentos e elementos culturais de interés…etc.

15.- Poñer en valor o patrimonio cultural e ambiental de cada parroquia. Renovar o mobiliario e a sinalización das áreas recreativas, campos de festas, carballeiras, fervenzas, ríos…etc. Eliminar puntos incontrolados de vertidos.

16.- Executar beirarrúas nas parroquias con núcleos concentrados como Cesullas, Canduas…etc.

17.- Reformar as estradas que impiden o acceso das ambulancias ás vivendas das persoas.

18.- Reforma integral e posta a punto do Rego dos Muíños na parroquia de Canduas e rehabilitar os muíños da Regueira, na parroquia de Corcoesto.

19.- Acondicionar como é debido unha praia fluvial na parroquia de Cundíns e rehabilitar a antiga escola unitaria de Anos, para o uso da veciñanza.

20.- Favorecer o diálogo e a participación da veciñanza de cada parroquia na toma de decisións e a execución das obras e servizos que lles interesen.

A posta a punto das parroquias cabanesas, un obxectivo a cumprir para Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Un pracer voltar a Cesullas para explicar á veciñanza o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Un pracer volver a estar en Cesullas, no Café Bar O Seixoso, para explicar ás veciñas e veciños o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana de Bergantiños.
Quedamos a vosa disposición para calquer cousa que precisedes.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", Cidadanía en Movemento, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Un pracer estar de novo coa veciñanza de Nantón para explicar o programa electoral de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

Hoxe estivemos coa veciñanza de Nantón na parrillada A Pedra. É un verdadeiro pracer estar de segunda volta con estas veciñas e veciños nosos, que tan ben nos acollen sempre. Estamos a vosa disposición para o que faga falla. Gracias! 🙋

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Cabana precisa un polígono industrial como Ponteceso, José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A alternativa do polígono industrial e do emprego para todas e todos. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana.

O 26 de maio tedes na vosa man realizar un cambio drástico na política municipal cabanesa. As mulleres e os homes da candidatura Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprometémonos a:

1.- O polígono industrial de Nantón – Anos será por fin unha realidade e os plans para o seu desarrollo están xa bastante avanzados. O noso obxectivo é a industria e o emprego, para todas e todos. Non podemos seguir perdendo o tren do desarrollo industrial no noso municipio. Somos e seremos o goberno do desarrollo industrial, do emprego e do chan industrial a cero custes para as empresas de Cabana. Xa hai empresas interesadas en asentarse e os plans están xa maduros.

2.- Faremos unha auditoría aos 16 anos de desgoberno e das promesas incumpridas do Pp, para saber a onde foron parar os cartos.

3.-Paralizar o Plan Xeral de Ordenación municipal, para que a veciñanza non perda o chan edificable que ten arestora e redelimitar os núcleos será unha das nosas prioridades.

4.- Garantir un subministro de auga potable en condicións óptimas e eliminar os vertidos que van campo a través cara a ría tamén será unha das nosas prioridades, ao igual que poñer a punto o alcantarillado e a rede de sumidoiros.

5.- Rematar o paseo marítimo ata Ponteceso e facer do paseo marítimo cabanés un referente galego no desarrollo turístico, de xeito que inclúa un clube náutico como é debido e instalar un ou dous pantaláns, onde poidan amarrar as embarcacións de recreo e os barcos.

6.- Auditar a execución das obras do proxecto eólico de Mouriños, para ver se están a executarse ou non conforme ao proxecto autorizado. No caso de non ser así, paralizalas e pedir á empresa unha compensación polos danos causados na serra do Gontón trás o emprego de explosivos. Negociaremos coa empresa luz gratis para as veciñas e os veciños durante alomenos 5 anos (incluido o alumeado público), pola compensación dos danos causados na serra do Gontón. Estas negociacións son habituais coas empresas do sector eléctrico, e neste caso consideramos que Naturgy ten que compensarnos pola desfeita que fixo no Gontón coa utilización dos explosivos.

José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía polo partido Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
Agrupación de Electores "Ciudadanos Independientes de Cabana", José Díaz Rodríguez, Candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

José Díaz Rodríguez, candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños pola Agrupación de Electores “Ciudadanos Independientes de Cabana”

A Agrupación de Electores “Ciudadanos Independientes de Cabana”, que encabeza José Díaz Rodríguez, presentarase ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.

Queremos agradecer especialmente o aval da cidadanía que nos prestou o seu apoio e o esforzo das persoas candidatas, mulleres e homes que conforman o partido.

Un partido político que se presenta como alternativa do cambio con un grupo de persoas boas, honradas, responsables e moi traballadoras e co aval da cidadanía de Cabana. Porque sabemos facelo mellor e temos a firme convicción de que Cabana necesita un cambio político drástico.

Presentaremos un programa electoral ambicioso e realista, que mudará para ben o futuro do noso municipio nos próximos catro anos. Despois de 16 anos urxe sen demora afrontar o cambio e encauzar de novo o futuro de Cabana, para non perder o tren do progreso e do benestar nos vindeiros anos.


José Díaz Rodríguez, candidato á Alcaldía de Cabana de Bergantiños pola Agrupación de Electores “Ciudadanos Independientes de Cabana”