16 anos de desgoberno en Cabana, Chapuzas nas obras públicas, Máis transparencia e información pública, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Cemento ata as cociñas e a esgalla, en vísperas de eleccións, despois de non facer nada en 16 anos. As estradas esnaquizadas e hai pistas forestais que xa non se transita por elas. O desgoberno apura nervioso as obras, gracias á presión de Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

A 20 días das eleccións municipais o desgoberno leva o cemento ata as cociñas se fai falla. O que non fixo en 16 anos, pretende facelo en 20 días. Ata os electricistas meten cemento! Por que non publica os contratos que está a facer a última hora? Onde está a transparencia? Canto carto público se está a gastar a última hora? O desgoberno apura nervioso as obras, gracias a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC).

Están as parroquias coas pistas esnaquizadas e acórdalle traballar o último día.

Pista chea de fochancas en Canduas
Estrada en Cundíns, esnaquizada
Cidadanía en Movemento, Máis transparencia e información pública, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Sobrecustos nas obras da casa do concello cabanés? Un vistazo ao orzamento: iluminarias, stores, 1 armario entre o máis destacable, e un orzamento de 50.926,48 €.

O cartel das obras fala dun orzamento de 50.926,48 €, pero a verdade é que a Cidadanía de Cabana parécenos esta cantidade excesiva, se temos en conta as obras que se van a realizar: iluminarias, stores, 1 armario e algún que outro retoque de pintura.

A onde irán a parar os cartos?

Cidadanía e Participación, Cidadanía en Movemento, Máis transparencia e información pública, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Xa non lle poñen o precio os carteis das obras, para que a Cidadanía de Cabana non saiba o que gastan. Por que agochan o prezo das obras públicas?

Antes escribían o orzamento das obras en todos os carteis ao pé da obra. Agora siguen colocando os carteis pero sen o prezo. Xa non queren que a Cidadanía saiba o que se gasta.

Que ocultan? Queren agochar as cifras do prezo das obras? Acaso teñen algo que agochar? O desgoberno cabanés non quere que a Cidadanía coñeza o prezo das obras públicas?

9
Cartel de obra ao pé da gardería de Sinde. No cartel non figura o orzamento da obra.

112.jpg
Por que non figura o prezo nos carteis das obras públicas? Que agochan? Non queren que a Cidadanía coñeza o prezo?

 

Cidadanía e Participación, Máis transparencia e información pública, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Arranxanlle a pista con diñeiro da Cidadanía de Cabana, ao promotor da futura urbanización da Carballa?

Esperamos que o arranxo desta pista forestal sexa porque lle fixera falla, xa que claro está que é unha necesidade. Pero…., son verdadeiros os rumores que falan de arranxar a pista con diñeiro público da Cidadanía de Cabana, ao promotor da futura urbanización da Carballa?

Non será que o solo urbano que restaron das parroquias no Plan urbanístico municipal é para permitir esta futura urbanización? Quen é o promotor inmobiliario que supostamente se beneficiaría disto? É de fóra de Cabana, non sí?

Máis información e transparencia, por favor.

IMG-20181111-WA0001acartel