Que agocha o desgoberno? Por que a información relativa á contratación pública só se proporciona “a medias”?
En relación aos contratos públicos o desgoberno agocha moitas cousas que debera facer públicas en favor da obrigada transparencia.
Entre a información que non se lle proporciona á Cidadanía de Cabana está a seguinte:
1.- O número dos licitadores, con identificación dos admitidos, excluídos e, no seu caso, dos seleccionados que optan ás licitacións públicas.
2.- A valoración das ofertas de acordo cos criterios de valoración.
3.- As adxudicacións dos contratos.
4.- As formalizacións dos contratos.
5.-A información relativa a todos os contratos menores, con indicación do obxecto, duración, importe de licitación e adxudicación, número de licitadores participantes e identidade do adxudicatario publicaranse, polo menos trimestralmente, no portal web de transparencia.
