16 anos de desgoberno en Cabana, Chapuzas nas obras públicas, O abandono do patrimonio, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Onde está o aparcadoiro de Corcoesto? formigón enriba da terra que marcha coa auga, cunetas torcidas, sin entradas ás fincas, sin nivelar e todo terra…, o valado do cura desfeito…e todo isto 60.000 euros! Onde van os cartos? Porque para a obra parece que non foron…

Polo visto chámanlle aparcadoiro a calquer cousa. O aparcadoiro que ían facer en Corcoesto non é máis que unha pista formigonada enriba de moreas de terra que marcha coa auga das cunetas. Isto non dura nin tres días! Uns cantos camións de formigón, uns tres días de pala e catro paléts de bordillos. Onde van os 60.000 euros da obra? Están a rirse da xente ou é todo unha broma?

Por que non se fixo un aparcadoiro como era debido como se fan noutras parroquias diante ou á beira da igrexa? E a obra feita por empresas de fóra de cabana e con empregados tamén de fóra do concello. Onde van os cartos? Acaso non hai empresas en Cabana capacitadas para facer estas obras? Rinse da Cidadanía?

Onde está o aparcadoiro de Corcoesto? formigón enriba da terra que marcha coa auga, cunetas torcidas, sin entradas ás fincas, sin nivelar e todo terra…
Onde van os cartos? Porque para a obra parece que non foron…

Onde van os cartos? Porque para a obra parece que non foron…
Chapuzas nas obras públicas, Cidadanía en Movemento, O abandono do patrimonio, Que fan cos cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O paseo marítimo cabanés comeza a dar a nota, pola súa falla de mantemento. Risco de tropezo e caídas para as persoas!

A falla de mantemento do paseo marítimo cabanés comeza a verse. E é que o desgoberno non está o que tiña que estar.

O paseo marítimo non dá cartos como o fai o Dolmen, e de aí que parece que non interesa tanto a súa conservación.

Comezan a esnaquizarse as losetas e isto supón un perigo para as persoas maiores que pasean, porque poden caer e ferirse.

Cidadanía en Movemento, O abandono do patrimonio, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A escuras de noite polo paseo marítimo. O paseo de Cabana, debe ser o único de toda España, que non ten alumeado público

O paseo marítimo cabanés debe ser o único de España que non ten alumeado público. O que podería ser un fermoso paseo nocturno non serve para nada, porque hai que ir a escuras.Por que tardan tanto en poñer o alumeado público. Laxe, Malpica, Corme…., todos os paseos teñen alumeado público agás Cabana.Que fan cos cartos?

O paseo marítimo cabanés, sen luz
O paseo marítimo cabanés, sen luz

O paseo marítimo cabanés, sen luz

A oscuras polo paseo marítimo cabanés
O abandono do patrimonio, Patrimonio esquecido, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

As hedras ameanzan a fachada da escola do Esto

O abandono do patrimonio municipal é lamentable por parte do desgoberno cabanés. Ata as hedras suben polas fachadas. Nunha fotografía recente, do día de hoxe, aí o vemos.

Moi triste, que fan cos cartos? 

IMG-20180829-WA0006
As hedras xa suben polas fachadas dos edificios municipais. O patrimonio abandonado evidénciase por sí mesmo

 

Máis vale tarde cá nunca, O abandono do patrimonio, Sin categoría

Sen auga o lavadoiro de Leas, que limpan despois de preto de dezaseis anos sen facelo. O desleixo institucional chega a non recoller este patrimonio etnográfico e cultural no futuro Plan urbanístico municipal

Tras as protestas da Cidadanía de Leas, o desgoberno cabanés despois de dezaseis anos limpa o lavadoiro da parroquia, pero déixao sen agua. A Cidadanía quere ver este lavadoiro con auga, como toda a vida.

O patrimonio etnográfico e cultural do concello atópase moi descoidado e nun estado permanente de abandono. A non ser que algúen proteste ou leve o tema á prensa, xa non fan nada.

A mostra máis importante do desleixo institucional do desgoberno cabanés é que nen sequera aparece recollido no futuro Plan xeral de urbanismo, e como todos sabemos, o que non está recoñecido nos papeis, non existe.

IMG-20180829-WA0003
Lavadoiro de Leas, sen auga