16 anos de desgoberno en Cabana, 16 anos sen oposición no concello cabanés!, Cidadanía en Movemento, O desgoberno cabanés apoia á Xunta no espolio de terreos á cidadanía

As mentiras do Partido popular cabanés

O Pp cabanés comeza os seus mitins dicindo que non expropia a ninguén. Despois, pasado medio minuto xa rectifica, e di que cando se fixo a senda da Carballa a Neaño tivo que expropiar, porque había algunhas xentes que non daban o que tiñan e querían cobrar (o que non di é que o fixo a prezos de saldo). A continuación explica que tivo que expropiar un cabanote para facer unha praza e que a torre da Penela a vai expropiar á metade de prezo, porque xa viu a lei na Voz de Galicia e que a lei llelo permite. Ollo porque di que a lei a viu na Voz de Galicia, e non nos boletíns oficiais. Parece que lee só a Voz (xa sabemos que é siareiro deste xornal, por algo só anuncia os mitins del e do amigo de Borneiro).
Eso sí, non di que en Canduas expropia a unha familia para facer un acceso a un chalé privado.
Remata dicindo que os montes e as terras témolos que ceder, porque son unha carga para os nosos fillos (non se lembra das fillas), e para que lles queremos deixar esta carga tan grande.
Doe moito este discurso e doe porque eses terreos e esas propiedades a ninguén llelas regalaron, que tivemos todas e todos que gañalas cos nosos suores e esforzos. Cando menos a veciñanza merece respecto e consideración. Eu non vexo que el cedera a ninguén os bens e pisos que lle deixaron en herdanza. E hai expropiacións que ainda non se pagaron e parece que non lle acorda. E hai veciñanza que ten as vivendas sen regularizar urbanísticamente, e tampouco lle acorda axudarlles.
Espero que a veciñanza reflexione sobre estes detalles e o día 26 vote con sentido común.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC), a única alternativa que ten un programa político de futuro para Cabana.

Cidadanía en Movemento, Espolio de terreos a baixo custe, O desgoberno cabanés apoia á Xunta no espolio de terreos á cidadanía, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O concello de Cabana non defende os intereses das persoas expropiadas pola senda peonil e ciclista de Neaño, fronte á Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia

A Cidadanía afectada de Neaño polas obras da senda peonil e ciclista non foron expropiadas, senón ESPOLIADAS. Nunha expropiación os terreos páganse a prezo de mercado, e en Neaño, os prezos que foron aboados polo solo urbano foron unha miseria. A 1 €/m2? Están de broma! É por tanto, unha expropiación inxusta e confiscatoria.

Isto é un ESPOLIO da Xunta de Galicia, apoiado polo desgoberno cabanés.

Por outra banda, a apertura dunha pista alternativa á estrada principal para o acceso ao lugar das casas, non se xustifica. Os terreos, a meirande parte solares, perden un valor considerable ao non ter acceso directo á estrada AC- 429, tramo Neaño-Cabana.

Os concellos de Laracha e de Carballo, por exemplo, diseñaron as sendas peonís e ciclistas máis longas de toda a comarca, e son perfectamente compatibles coas encrucilladas e co acceso ás vivendas. A veces é bo mirar o que fan noutros concellos e aprender deles, para non prexudicar neste caso, á Cidadanía de Cabana.

9.jpg
Apertura de pista paralela á estrada AC- 429, tramo Neaño-Cabana, para facilitar o acceso ao lugar das vivendas, tras a ocupación dos terreos para a senda peonil e carril bici

8.jpg
Apertura de pista paralela á estrada AC- 429, tramo Neaño-Cabana, para facilitar o acceso ao lugar das vivendas, tras a ocupación dos terreos para a senda peonil e carril bici

 

Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Espolio de terreos a baixo custe, O desgoberno cabanés apoia á Xunta no espolio de terreos á cidadanía, Sin categoría

Os terreos para a senda ciclista de Neaño -Cesullas, a prezos de saldo: tan só ofertan 1 € /m2 cando deberían ofertar 43,10 m2. Así calquera fai obras…!!!

40.000 euros a Fenosa para sacar do sitio unha liña soterrada que molesta para a construción da senda ciclista e tan so 1€ para a cidadanía afectada.

Isto é sen dúbida algunha un espolio a prezos de saldo sen precedentes no municipio de Cabana de Bergantiños. E o desgoberno cabanés apoiando o espolio!

IMG-20180709-WA0000.jpg

 

Espolio de terreos a baixo custe, O desgoberno cabanés apoia á Xunta no espolio de terreos á cidadanía, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O desgoberno cabanés, a favor da Xunta no espolio de terreos á cidadanía, para a senda ciclista. Alomenos 43,10 euros é o que se debera pagar por metro cadrado

O Tribunal Contencioso -administrativo cifra o prezo do metro cadrado en zona urbana en 43,10 euros, moi lonxe do euro que paga a Xunta na expropiación da senda ciclista cabanesa. O peor do caso, é que o desgoberno cabanés non defende os dereitos da cidadanía a cobrar un prezo xusto, polo que estamos a falar dun verdadeiro espolio ós propietarios.

Véxase:

https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2018/02/13/tribunal-superior-eleva-331-precio/1262839.html

IMG-20180709-WA0001.jpg

IMG-20180709-WA0001.jpg