16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, O lamentable estado das estradas cabanesas, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O “desgoberno” maquilla a última hora e ás présas as estradas cabanesas, gracias a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)

As estradas cabanesas estiveron durante 16 anos totalmente esnaquizadas. Os grupos políticos da oposición que tiñan que traballar e controlar ao goberno, tampouco fixeron nada e incluso presumían de poñerlle unha “alfombra roja”.

En Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) levamos máis dun ano facendo oposición forte, e sen estar no goberno. Gracias a nosa oposición o “desgoberno” comezou a moverse e agora apura e maquilla as estradas cabanesas; non todas, porque non pode facer en pouco tempo o que non fixo en 16 anos.

É unha mágoa que non faga o mesmo co alcantarillado das parroquias. Onde está o alcantarillado? Onde van os cartos? Que fixeron cos cartos dos últimos 16 anos?

Estrada de Cundíns. O “desgoberno” maquilla a última hora e ás présas as estradas cabanesas, gracias a Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC)
O lamentable estado das estradas cabanesas, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

As estradas desfeitas…e o desgoberno á deriva…. Que fan cos nosos cartos?

Xa non é só que as verteduras vaian pola ribeira abaixo e rematen no litoral, xa non é só que non haxa un polígono industrial como é debido (mentras que o concello de Ponteceso vai ampliar o seu)…. E que por enriba, por haber nin hai estradas debidamente acondicionadas.

Estrada nas Revoltas, Canduas

Hoxe o xornal “Que pasa na Costa” publicaba un artigo relacionado coa renda per cápita dos concellos da Costa da Morte. E de todos, un dos que tiña as rendas máis baixas era Cabana. E por que? pois por non ter un polígono industrial como é debido, entre outras moitas cousas. E é que este desgoberno lévanos á deriva.

Enchíaselles a boca falando do polígono industrial, pero 16 anos máis tarde aínda non existe, é privado e está a toxos. Que contas son as do desgoberno?

Fonte: Que Pasa na Costa. Diario dixital da Costa da Morte. Artigo de Domingo Guerra.”O PIB per cápita dos nosos concellos”, publicado o 21/12/2019.
Cabana á cola da riqueza por habitante. Esta é unha das consecuencias de non ter un polígono industrial que xere emprego no municipio. Con desgobernos como este, que só pensan na farándula imos a pique.
A Cidadanía de Cabana, a que ten menos riqueza, xunto con Laxe e Muros. Vergoña lles debera dar!
Cidadanía en Movemento, O lamentable estado das estradas cabanesas, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A Cidadanía da Fonte de Sinde, “vítima” do “espolio urbanístico” do desgoberno para favorecer as “ansias especulativas e os beneficios” dalgún promotor urbanístico

O lugar de Sinde é un dos máis poboados da parroquia de Canduas, pero a pesar disto, as súas estradas dan pena, estragadas e con fochancas. O abandono do desgoberno é manifesto neste lugar.

Pero o peor é que permitan construír chalets, adosados….; en definitiva urbanizar, sen ter a superficie necesaria nas parcelas cos retranqueos debidos, nen os accesos adecuados. Entón ao desgoberno non se lle ocorre outra solución que “espoliar”, aínda que sexan fincas e camiños particulares. E para xustificar este “espolio” os camiños privados pasan a ser públicos, e de súpeto as estradas teñen máis ancho do que tiveron toda a vida, e de súpeto prometemos ao “amigo” unha parcela urbanizable no futuro Plan urbanístico se deixa pasar a nova estrada que favorece ao “promotor especulador”. E ademáis así todo sae ben, e incluso mellor do previsto, porque esa nova estrada comunica, casualidades da vida, con un edificio público, e xa temos argumento para xustificar aínda máis o “espolio”.

E así camiños privados de toda a vida e sen saída que só conducían ás casas particulares, de súpeto son vistos doutra forma, e pasan por arte do demo ou da maxia, e porque sí, a ser públicos; e se non teñen saída haberá que facerlla por onde sexa. Para que? Para o beneficio común?

Non, non, para o beneficio do desgoberno.

Porque non deixa de ser un “espolio”, vístano dos argumentos co que o vistan. Espolios que amargan á Cidadanía, a cidadanía de Cabana de toda a vida, e non só da Fonte de Sinde, tamén de Cesullas, Corcoesto, Neaño,….etc.

Porque esta é a política do desgoberno…., e o desgoberno ten que saber ou debera saber que hai límites éticos e legais, e por moito que se suba á póla, non están por enriba da lei. Porque ninguén o está. E outros xa caeron antes…, e o mes de maio xa está cada vez máis preto.

E Cidadanía de Cabana aí estará con unha alternativa seria de goberno para defender e velar polos intereses das veciñas e dos veciños. E o primeiro que faremos será suspender estas arbitrariedades que prexudican o interés veciñal.

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas
Cidadanía en Movemento, O lamentable estado das estradas cabanesas, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Problemas na depuración das augas residuais en Cabana, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Freo da Xunta de Galicia á continuación da senda marítima do litoral cabanés? Por que non se continua coa obra ata o Malecón?

A Xunta de Galicia parece apostar máis pola inversión en sendas peatonais que no desarrollo do paseo marítimo cabanés.

A cuestión é razoable, porque á vista de que o alcantarillado de augas residuais de boa parte de Neaño, parece que vai parar á ría; non tería sentido seguir apostando polo paseo marítimo.

Rematarían así as expectativas do desgoberno local para continuar co tramo litoral que falta, desde o tramo do Curro ata o Malecón. Fréase así o desarrollo do litoral cabanés?

Agora o que da cartos son as sendas peatonais. Xa se fala de construír a senda que iría do lugar da Áspera ao Picón. A inversión de 364.898 euros iría destinada a formigonar a senda, muros de contención…etc. Xa poderían destinar unha parte para sanear como é debido as augas residuais de Neaño.

999

14.png

 

 

Cidadanía e Participación, O lamentable estado das estradas cabanesas, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O mal estado da estrada de Frinle, en Cundíns: falla de firme asfáltico, algunha fochanca e zahorra peneirada alí e acolá no bordo lateral. Onde van os cartos?

Á metade da estrada fáltalle asfalto e á outra, no lateral metéronlle zahorra peneirada aquí e acolá. É lamentable o mal estado desta estrada. Algunha que outra pequena fochanca entretén ao conductor. Onde vai o aglomerado desta estrada?

Que fixeron cos cartos?

2
Estrada de Frinle, parroquia de Cundíns

1
Estrada de Frinle, parroquia de Cundíns