16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A decantadora do lugar de Cabana, que cando reborda, vai parar todo o río? E despois “beben a auga” a Cidadanía de Neaño e Cesullas? Cidadanía de Cabana pedirá a Augas de Galicia, que investigue o que pasa con esta decantadora

No lugar de Cabana, hai unha decantadora de fecais que cando reborda, podería acabar todo no río.

Deste mesmo río abastécese de auga de consumo á Cidadanía de Cesullas e Neaño. Por iso, porque sería de moita gravidade que a Cidadanía estivese consumindo auga en “condicións non óptimas” para a sáude, Cidadanía de Cabana pedirá a Augas de Galicia que investigue o que acontece coa decantadora do lugar de Cabana.

Cidadanía de Cabana pedirá a Augas de Galicia, que investigue o que pasa con esta decantadora 
Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Que fan cos cartos?

As tuberías das obras de saneamento de Nantón, a resgardo na “casa dun amigo”. Por que pararon as obras? Faltaba o permiso da Xunta ou da Deputación?

Hoxe temos as tuberías…., e a auga para cando? Na Ameixenda levan 6 anos esperando as tuberías pola auga, que non dá chegado. A auga que ía vir hai 16 anos para o polígono de Nantón, NUNCA chegou, e as tuberías apodrecen baixo a terra.

Ubicación actual das tuberías das obras de saneamento de Nantón
Primeira ubicación das tuberías das obras de saneamento de Nantón
Cidadanía e Participación, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Unha empresa de Sigüeiro, e con traballadores de Oroso, a que fai as obras de saneamento de Nantón. As empresas de Cabana parece que non entran nos plans do desgoberno… Nin empresas cabanesas nin traballadores de Cabana. Así é a política do desgoberno…

Oviga, unha empresa que traballa bastante para o Partido popular, é a encargada de executar as obras de saneamento de Nantón.

Véxase:

http://www.ppdemugardos.com/2010/09/la-xunta-cumple-su-compromiso-con-el.html

Unha empresa de Sigüeiro, e con traballadores de Oroso, a que fai as obras de saneamento de Nantón. As empresas de Cabana parece que non entran nos plans do desgoberno… Nin empresas cabanesas nin traballadores de Cabana. Así é a política do desgoberno…

As obras do saneamento de Nantón

As obras do saneamento de Nantón
Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O desgoberno, facendo as obras que lle tocaría facer á Xunta: 301.568,76 euros para facer unha senda na estrada autonómica AC- 429, tramo de Áspera-Picón (Cesullas)

Non só a igrexa ten sorte co desgoberno, tamén a ten a Xunta de Galicia. O desgoberno gasta diñeiro da Cidadanía de Cabana nunha obra que debera facer a Xunta de Galicia, para iso é a titular da estrada autonómica AC -429. Pois ben, como se non soubera que ten as estradas das parroquias feitas unha pena, invirte nunha obra que debera facer a propia Xunta de Galicia, nin máis nin menos que 301.568,76 euros (valor estimado do contrato), na construción dunha senda que vai da Áspera ao Picón.

Esta obra tiña que facela a Xunta de Galicia! Por que non impulsou con eses cartos o polígono industrial de Nantón? Ata cando vai a durar o despilfarro?

Imaxe do google da AC -429, titularidade da Xunta de Galicia
Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Que "agacha" o silencio da oposición cabanesa?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Hai que batelas palmas que veñen os grandes Reises cabaneses: o “méteme formigón na eira” e o “contratado sen publicidade”

O contrato do asesor cultural do desgoberno cabanés: alomenos 32.240,00 euros anuais

O 2 de decembro de 2008 o desgoberno cabanés adxudicaba o contrato denominado “Contratación do servizo de asistencia técnica para levar a cabo diversas actuacións relativas ao asesoramento cultural e educativo ao Concello de Cabana de Bergantiños” a José María Varela Martínez, por un importe con ive de 32.240,00 €, a través dun contrato mercantil e un procedemento de licitación negociado e sen publicidade algunha.

Que veñen os Reises…a Cabana….!
Cidadanía e Participación, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

238.193,19 €, o custo do proxecto da casa da vela, que dentro de 10 anos volverá ás mans da familia propietaria. Diñeiro público a esgalla para “mans privadas”. Outro fracaso do desgoberno

A conversión do antigo aserradero de Tedín nunha escola de vela non saiu gratis aos cabaneses. 238.193,19 € era o custo do proxecto que dentro de 10 anos voltará a mans privadas.

Como é que se fai unha inversión tan grande nun ben que non é público?

https://regp.pesca.mapama.es/proyectos/fep/rehabilitacion-antiguo-aserradero-para-escuela-de-vela-y-punto-de-informacion

Cidadanía e Participación, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A nova forma de facer cunetas en Cabana: mételle as rodas do tractor para que a auga non vaia polo asfalto

A nova forma de facer cunetas do desgoberno. Meterlle as rodas do tractor para facelas, e que a auga non circule polo asfalto.

Así vai todo. Que fan cos cartos?

A nova forma de facer cunetas en Cabana: mételle as rodas do tractor para que desauguen!
O lamentable estado das estradas cabanesas, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

As estradas desfeitas…e o desgoberno á deriva…. Que fan cos nosos cartos?

Xa non é só que as verteduras vaian pola ribeira abaixo e rematen no litoral, xa non é só que non haxa un polígono industrial como é debido (mentras que o concello de Ponteceso vai ampliar o seu)…. E que por enriba, por haber nin hai estradas debidamente acondicionadas.

Estrada nas Revoltas, Canduas

Hoxe o xornal “Que pasa na Costa” publicaba un artigo relacionado coa renda per cápita dos concellos da Costa da Morte. E de todos, un dos que tiña as rendas máis baixas era Cabana. E por que? pois por non ter un polígono industrial como é debido, entre outras moitas cousas. E é que este desgoberno lévanos á deriva.

Enchíaselles a boca falando do polígono industrial, pero 16 anos máis tarde aínda non existe, é privado e está a toxos. Que contas son as do desgoberno?

Fonte: Que Pasa na Costa. Diario dixital da Costa da Morte. Artigo de Domingo Guerra.”O PIB per cápita dos nosos concellos”, publicado o 21/12/2019.
Cabana á cola da riqueza por habitante. Esta é unha das consecuencias de non ter un polígono industrial que xere emprego no municipio. Con desgobernos como este, que só pensan na farándula imos a pique.
A Cidadanía de Cabana, a que ten menos riqueza, xunto con Laxe e Muros. Vergoña lles debera dar!
Cidadanía en Movemento, O lamentable estado das estradas cabanesas, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A Cidadanía da Fonte de Sinde, “vítima” do “espolio urbanístico” do desgoberno para favorecer as “ansias especulativas e os beneficios” dalgún promotor urbanístico

O lugar de Sinde é un dos máis poboados da parroquia de Canduas, pero a pesar disto, as súas estradas dan pena, estragadas e con fochancas. O abandono do desgoberno é manifesto neste lugar.

Pero o peor é que permitan construír chalets, adosados….; en definitiva urbanizar, sen ter a superficie necesaria nas parcelas cos retranqueos debidos, nen os accesos adecuados. Entón ao desgoberno non se lle ocorre outra solución que “espoliar”, aínda que sexan fincas e camiños particulares. E para xustificar este “espolio” os camiños privados pasan a ser públicos, e de súpeto as estradas teñen máis ancho do que tiveron toda a vida, e de súpeto prometemos ao “amigo” unha parcela urbanizable no futuro Plan urbanístico se deixa pasar a nova estrada que favorece ao “promotor especulador”. E ademáis así todo sae ben, e incluso mellor do previsto, porque esa nova estrada comunica, casualidades da vida, con un edificio público, e xa temos argumento para xustificar aínda máis o “espolio”.

E así camiños privados de toda a vida e sen saída que só conducían ás casas particulares, de súpeto son vistos doutra forma, e pasan por arte do demo ou da maxia, e porque sí, a ser públicos; e se non teñen saída haberá que facerlla por onde sexa. Para que? Para o beneficio común?

Non, non, para o beneficio do desgoberno.

Porque non deixa de ser un “espolio”, vístano dos argumentos co que o vistan. Espolios que amargan á Cidadanía, a cidadanía de Cabana de toda a vida, e non só da Fonte de Sinde, tamén de Cesullas, Corcoesto, Neaño,….etc.

Porque esta é a política do desgoberno…., e o desgoberno ten que saber ou debera saber que hai límites éticos e legais, e por moito que se suba á póla, non están por enriba da lei. Porque ninguén o está. E outros xa caeron antes…, e o mes de maio xa está cada vez máis preto.

E Cidadanía de Cabana aí estará con unha alternativa seria de goberno para defender e velar polos intereses das veciñas e dos veciños. E o primeiro que faremos será suspender estas arbitrariedades que prexudican o interés veciñal.

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas

Camiño privado moi afectado polas “ansias urbanísticas e especuladoras do desgoberno” no lugar de Sinde, parroquia de Canduas