16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Paralizadas as obras da rectoral de Cesullas? Patrimonio busca as sopenas ou topetes do tellado? Ai, ai, ai…. se nós xa o diciamos…. Onde van os cartos?

Onde van as sopenas ou topetes do tellado da casa rectoral de Cesullas? Por que se paralizaron as obras? Pois sábeo Patrimonio e mailo desgoberno, pero este non informa. Está caladiño. E as sopetas ou topetes onde van? Parece un culebrón, pero non o é. Parece un chiste cómico, pero non o é. O caso é que se invertiron aí na rectoral un montón de diñeiro público e agora quedan paralizadas as obras.

Estanse a rir da veciñanza? Onde van os cartos? Por que non se explica á veciñanza con claridade os motivos desta paralización? É verdade que desapareceron as sopenas ou topetes do tellado da casa rectoral? Están paralizadas as obras como se di que están? Máis transparencia e información!

Por que se meteron os cartos no patrimonio eclesiástico cando quen tiña que arranxar esta casa rectoral era a Xunta e a Igrexa, en virtude do convenio que teñen asinado?

Obras na rectoral de Cesullas
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O desleixo do desgoberno cabanés: as ambulancias que non acceden ao lugar de Monelos, en Canduas e teñen que percorrer 300 metros cos enfermos na padiola

As pistas do lugar de Monelos son tan estreitas que nin as ambulancias poden acceder e seguen sen poder facelo, despois de 16 anos de “desgoberno”. Que fixeron os do Pp durante todos estes anos? Onde van os cartos?

O desleixo do desgoberno cabanés: ambulancias non acceden ao lugar de Monelos, en Canduas e teñen que percorrer 300 metros cos enfermos na padiola
O desleixo do desgoberno cabanés: ambulancias non acceden ao lugar de Monelos, en Canduas e teñen que percorrer 300 metros cos enfermos na padiola
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cidadanía e Participación, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O abandono da parroquia de Borneiro: a fonte do Picho, o lavadoiro do lugar de Vilaseco e as pistas forestais

A fonte do Picho e o lavadoiro do lugar de Vilaseco levan anos e anos sen auga, a pesar de que a fonte queda no camiño da Ruta dos Faros, coas consecuencias que isto xenera para os camiñantes.

Na fonte do Picho os camiñantes da ruta dos Faros non poden coller auga para beber e lavarse.

O abandono da parroquia de Borneiro: a fonte do Picho e o lavadoiro do lugar de Vilaseco sen auga e as pistas forestais esnaquizadas
A fonte do Picho e o lavadoiro do lugar de Vilaseco sen auga
16 anos de desgoberno en Cabana, Chapuzas nas obras públicas, O abandono do patrimonio, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Onde está o aparcadoiro de Corcoesto? formigón enriba da terra que marcha coa auga, cunetas torcidas, sin entradas ás fincas, sin nivelar e todo terra…, o valado do cura desfeito…e todo isto 60.000 euros! Onde van os cartos? Porque para a obra parece que non foron…

Polo visto chámanlle aparcadoiro a calquer cousa. O aparcadoiro que ían facer en Corcoesto non é máis que unha pista formigonada enriba de moreas de terra que marcha coa auga das cunetas. Isto non dura nin tres días! Uns cantos camións de formigón, uns tres días de pala e catro paléts de bordillos. Onde van os 60.000 euros da obra? Están a rirse da xente ou é todo unha broma?

Por que non se fixo un aparcadoiro como era debido como se fan noutras parroquias diante ou á beira da igrexa? E a obra feita por empresas de fóra de cabana e con empregados tamén de fóra do concello. Onde van os cartos? Acaso non hai empresas en Cabana capacitadas para facer estas obras? Rinse da Cidadanía?

Onde está o aparcadoiro de Corcoesto? formigón enriba da terra que marcha coa auga, cunetas torcidas, sin entradas ás fincas, sin nivelar e todo terra…
Onde van os cartos? Porque para a obra parece que non foron…

Onde van os cartos? Porque para a obra parece que non foron…
16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Onde van os cartos?, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Para onde vai o diñeiro da Cidadanía de Cabana? Só os “cobardes” agochan información á Cidadanía e incumpren coa Lei de Transparencia. A falla de información leva a preguntarnos unha e outra vez que se fai co diñeiro público

Non se proporciona toda a información que se debera á Cidadanía de Cabana: nin das actas dos Plenos, nin da adxudicación e formalización dos contratos públicos….etc. Só os “cobardes” agochan información pública que debera por lei publicarse. Agora por que non a publican? Só eles o saben.

En calquer caso a falla de información conduce a pregutarnos unha e outra vez que se fai cos cartos da Cidadanía de Cabana, o cal é lóxico nunha Democracia onde se prima a participación pública e o dereito á información.

Aquí temos dous exemplos de obras que puidera ser que se realizaran con diñeiro público. Sempre teremos a dúbida de se foi así ou non, precisamente pola falla de información. Entón preguntámonos….

a) Quen pagou a instalación deste hórreo? Foi con diñeiro dun particular ou con fondos públicos municipais?

b) Quen levantou este muro? Foi con diñeiro dun particular ou con fondos públicos municipais?

Quen pagou a instalación deste hórreo? Foi con diñeiro dun particular ou con fondos públicos municipais?

Quen levantou este muro? Foi con diñeiro dun particular ou con fondos públicos municipais?
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Fallos na saneamento do litoral cabanés, Onde van os cartos?

O litoral cabanés “fede”. Case un millón de euros para a concesionaria OGPO, S.L., para realizar un traballo que parece que non fai: o saneamento do litoral e a xestión das augas residuais verten á ría. Estafa??

Por que o desgoberno “estaría a pagar” a unha empresa que non cumpre co seu traballo?

Por que a Cidadanía de Cabana tería que seguir pagando por uns recibos e uns servizos que non se prestan? Que fai o desgoberno?

16 anos de desgoberno en Cabana, Abanea a alcaldía de Cabana?, Cidadanía en Movemento, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Unidos para seguir vivindo á costa da Cidadanía de Cabana

Perfecto Vázquez regresa á política cabanesa con un novo partido “Unidos por Cabana”?? A ninguén enganan. Un “amaño” do Partido popular para asegurarse a alcaldía? Canto costaría este posible pacto de “dous sillóns” ás arcas municipais?

A alcaldía de Cabana “abanea”. E tanto “abanea” que non dubidan en “facer amaños” para asegurarse a continuidade no sillón do goberno cabanés tras as próximas eleccións municipais?? Por que non explican se hai “pacto” ou “amaño” ou que? Canto vai a costar á Cidadanía de Cabana “os dous sillóns”, de ser o caso? Un é a almofada do outro? O que fai o medo por “perder o negocio”..


Canto vai a costar á Cidadanía de Cabana “os dous sillóns”, de ser o caso? Un é a almofada do outro? O que fai o medo por
“perder o negocio”..
16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Fallos na saneamento do litoral cabanés, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O desgoberno explícalle a Conselleira de Infraestruras os motivos polos que as augas fecais de Neaño, van parar á ría cabanesa? Ou por que expropian os terreos a 1€ o metro cadrado? Non desto non falan, non interesa

Tivo lugar onte, ao longo da estrada autonómica que vai das Revoltas a Neaño. Falaron os dous: o desgoberno e a conselleira. Pero por que non falaron das augas fecais que van a parar a ría cabanesa? Por que o desgoberno non lle botou en cara á Conselleira que só pagaban os terreos a 1€ o metro cadrado, deixando empobrecida á Cidadanía?

Non interesaba. Só falaron de cousiñas bonitas, para quedar ben diante da prensa “amiga” e pensando nas eleccións. De cousiñas bonitas e do ben que quedaba a obriña de máis de 500.000 € feita por López Cao, o “enchufado” da Conselleira?

O desgoberno “explicando á Conselleria os motivos polos que as augas fecais de Neaño acaban no litoral cabanés”? Non desto non falan. Falan de cousiñas bonitas para quedar ben na prensa.
O desgoberno “explicando á Conselleira por que se pagan os terreos nas expropiacións a 1€ o metro cadrado”? De por que deixan “empobrecidos os propietarios coas expropiacións con precios de risa”? Non, desto non falan. Só falan de cousiñas bonitas, para quedar ben na prensa.
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Cidadanía e Participación, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Unha Comisión de Cidadanía de Cabana visitará a Deputación da Coruña, para pedir explicacións sobre das subvencións que veñen ano tras ano para a mesma auga, e que aínda hoxe non existe

A ver que pasa coas subvencións que parecen repetirse anos tras ano para o mesmo obxecto. Cantas veces se subvencionou a instalación da auga de Nantón? Onde vai esa auga que xa debera estar utilizándose desde hai anos? Ante a falla de transparencia, a Cidadanía vese na obriga de recabar información ao respecto.

Deputación provincial da Coruña
A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Abandono e desleixo, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Así queda a auga de Nantón, enrollada a tubería nunha cuneta. Xa esmorece a tubería no lugar da Pedra, a espera das eleccións…

Por que tantas subvencións para a mesma auga desde o ano 2010, e aínda non hai auga? Que se coce entre o concello e a Deputación?

Así quedou a tubería da auga n o lugar da Pedra, en Nantón, á vista da Cidadanía a tubería, coma quen que se instala a auga, cando non se fai nada. E así vaise facendo tempo…., para cando veñan as eleccións.

Onde van as “alarmantes subvencións” para a auga de Nantón? Onde van os cartos?

Así xa esmorece a tubería da auga de Nantón, no lugar da Pedra, a espera das eleccións. Onde van os cartos??