O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Os cartos que deberan ir para pisos de protección oficial para familias e xente nova acaba na casa rectoral de Cesullas. Despilfarro? Os cartos da Cidadanía de Cabana destinados á mellora do patrimonio eclesiástico. Igual lles parece que así gañan antes o ceo

Os alcaldes da Laracha, Carballo, Malpica preocúpanse de que as familias e a xente nova teña acceso ás vivendas e facilidades para vivir no municipio. Pero en Cabana non é así.

Aquí os cartos van para engordar a vaca do patrimonio eclesiástico, nun afán enfermizo de facerlle a pelota os cregos?

Os cartos non van para facer un polígono industrial como teñen todos os municipios, non. Aquí van para a igrexa.

Igual lles parece que esta é outra forma de gañar o ceo. O único que fan é prexudicar á Cidadanía de Cabana ao malgastar o diñeiro desta.

Os cartos que deberan ir para pisos de protección oficial para familias e xente nova acaba na casa rectoral de Cesullas. Despilfarro?
Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Iluminación pública en todos os paseos marítimos da Costa da Morte, agás Cabana. O alumeado público, ferramenta imprescindible para a seguridade das persoas e mellorar o sector turístico. Que fixeron cos cartos?

Todos os paseos marítimos da Costa da Morte están iluminados pola noite, agás o paseo marítimo cabanés. Cando a Xunta de Galicia e Costas aprobaron o proxecto, este incluía alumeado público. De feito, xa existen tomas de enganche de luz, que ao estar ao descuberto son un perigo para a xente. O alumeado público é imprescindible para mellorar a seguridade e a accesibilidade das persoas con limitacións visuais. Ademais hai luminarias especialmente deseñadas para non interferir esteticamente co entorno e coa natureza. Que fixeron cos cartos? Por que non se instala alumeado solar?

Por outra banda, a luz é imprescindible para que a xente non caia ao mar e para evitar o vandalismo e o roubo; e sobre todo, outras actividades ilegais. Ademais así amplíase o horario nocturno de baño naquelas zonas aptas para o mesmo.  Nas zonas de amarre das embarcacións necesítase unha iluminación noctura para evitar roubos e danos ao patrimonio. 

Que fixeron cos cartos do alumeado público do paseo marítimo, onde van?

Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A estrada de Cardezo, na parroquia de Corcoesto, esnaquizada

No fondo do lugar de Cardezo, na parroquia de Corcoesto, así está a estrada. Non fai nada en 16 anos e vén agora facer que fai, e deixa todo esnaquizado.

Onde van os cartos da Deputación da Coruña destinados ao arranxo das estradas municipais? Que se fai con eles?

IMG-20181111-WA0005
Estrada esnaquizada en Cardezo, parroquia de Corcoesto

IMG-20181111-WA0006
Estrada esnaquizada en Cardezo, parroquia de Corcoesto

Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O Dolmen de Dombate, un saco sen fondo. Preto xa dos 4 millóns de euros. Que beneficios sacou a Cidadanía de Cabana destes cartos? O Dolmen leva comido case máis cartos que o Porto Exterior da Coruña

A Igrexa cobra pola visita do Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago, pero a Cidadanía de Cabana ten que invertir diñeiro público no Dolmen de Dombate.

Ao longo dos últimos anos, o Dolmen de Dombate recibiu da Deputación provincial da Coruña máis de 2,3 millóns de euros para a súa protección.

Cómpre lembrar o seu proxecto inicial. Aquel proxecto no que o Dolmen estaba debaixo de lonas para protexelo. Máis tarde, o arquitecto Francisco Vidal deseñaba un proxecto para a súa mellor conservación con un orzamento de 1,2 millóns de euros.

Ao final máis de 3 millóns de euros invertidos polo ente provincial nun monumento megalítico.

Agora a Deputación segue a meter cartos, uns 60.000 euros anuais, derivados dun convenio de colaboración co concello, polo que este se encarga da xestión ano tras ano. E xa debe ir para preto dos 600.000 euros.

Que está a pasar cando se invirten preto de 4 millóns de euros nun monumento megalítico e non se invirte absolutamente nada en vivendas sociais, na reparación de pontes, na rehabilitación de locais sociais, non se invirte nada no benestar das persoas maiores das parroquias cabanesas? Que contas son as da Deputación e as do desgoberno cabanés?

Que rendemento sacou a Cidadanía de Cabana de todos estes cartos?

9999
A inversión no Dolmen de Dombate é desproporcional en comparación co custe do Porto exterior da Coruña

91

A onde vai a parar o diñeiro da cidadanía de Cabana?, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, Onde van os cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A auga de Nantón, podería ser o abastecemento máis caro da historia dos concellos galegos; e aínda non hai auga, e cando a teñan, pagarán o recibo ao concello de Zas

Parece unha broma pesada ou o argumento dunha película cómica. Despois de varias subvencións bastante importantes da Deputación da Coruña, a día de hoxe aínda non está solucionado o abastecemento dos núcleos de Nantón. Despois de que a Cidadanía xa pagara hai tempo os enganches. Despois de obra vén e obra vai, e moito tardar, a Cidadanía acabará pagando o recibo ao concello de Zas.

Xa polo ano 2010 o desgoberno presumía de dispoñer de máis dun millón de euros para a auga do polígono industrial de Nantón; pero ao final, non houbo nada, de nada, e parte das obras de canalización xa realizadas, morren apodrecidas entre a terra.

O 26 de outubro de 2012, a Deputación da Coruña aprobaba o proxecto reformado nº 2 da obra “Ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Nantón”, incluída no Plan de Cooperación cos concellos (PCC) 2010, co Código: 10.3300.0157.0. O importe total ascendía a 198.165,65 euros, e adxudicada naquela época a Excavaciones Pose, S.L.

Agora a Deputación volve a subvencionar o abastecemento e saneamento na Pedra -Nantón. O orzamento base da licitación é de 105.655,25 euros, e a obra realízase co obxecto de aproveitar a dispoñibilidade dos 710.942.72 euros que lles foron asignados a través do Plan provincial de Cooperación “POS+ 2017”. O máis probable é que a licitación volte a recaer en Excavaciones Pose, S.L.

Recalculando: 198.165,65 + 105.655,25 euros dá un total de 303.820,90 euros, o que é unha barbaridade, tendo en conta que houbo Cidadanía que xa no seu momento pagara os enganches, e que aínda non hai abastecemento.

Despois de contar con proxectos que ascendían a 303.820,90 euros, vanlle acabar pagando a auga ao concello de Zas!

1111.png

 

 

1
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo de La Opinión A Coruña

2
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo da información de La Voz de Galicia

3
No ano 2010 a prensa falaba do proxecto frustrado dun millón de euros para dotar de abastecemento ao  polígono industrial de Nantón. Fonte: pantallazo da información de La Opinión da Coruña

 

 

 

 

Chapuzas nas obras públicas, Cidadanía en Movemento, Onde van os cartos?, Queremos beirrarúas como é debido!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Morteiro de cemento e pintura plástica esvaradía por enriba? Isto é o que entende o desgoberno cabanés por facer unhas beirarrúas no lugar das Revoltas

Onde meterán os cartos? porque non se ven nas obras públicas. Así temos esta chapuza no lugar das Revoltas. En vez de facer unha beirarrúa como é debido, formigonan e por enriba unha pintura vermella brillante. Isto non é unha beirarrúa! Isto é unha chapuza máis! Van ao barato, barato…; eso sí, pintan o cemento cunha cor rechamante e brilante para que chame a atención, coma quen que é nova. Non señores, non. Non enganan a Cidadanía.

Onde van os cartos que viñeron para facer unhas beirarrúas como é debido, con loseta, plaqueta, adoquín…? Onde van eses cartos?

777

1
Beirarrúa no lugar das Revoltas con formigón e unha capa de pintura, que parece moi esvaradía

Aquí amosamos a continuación, algúns exemplos de beirarrúas ben feitas noutros concellos da Costa da Morte:

97

9
Exemplo dunha beirarrúa ben feita

O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Onde van os cartos?, Que "agacha" o silencio da oposición cabanesa?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

O alcalde cabanés, de baranda por Croacia, mentras que o alcantarillado de boa parte de Neaño vai parar a ría de Corme -Laxe e a Cidadanía bebe auga que parece “cola-cao”

Esta parece ser a ansia que lle dá Cabana. O importante é que a empresa OGPO, S.L., agora chamada Hidrantia do Vicente Lourido, siga facendo negocio á costa da Cidadanía de Cabana. O que parece importar é máis o peto que a porquería do alcantarillado que vai sen sanear pola ribeira abaixo.

Parece tamén que importa máis o peto que a auga que bebe a Cidadanía de Neaño e Canduas.

9999.png

666.jpg
Cal destas augas se parece á que bebe a Cidadanía de Neaño e cal delas se parece á que bebe a Cidadanía de Canduas?

777777
Verteduras ao litoral cabanés

FOTO 4
Verteduras ao litoral cabanés

Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía e Participación, Onde van os cartos?

Tapan as fochancas con oil queimado e gravilla, así están todas as parroquias cabanesas, tras máis de 16 anos quentando o sillón municipal. Onde van os cartos que viñeron para estas obras desde a Deputación da Coruña?

 

Que fan cos cartos? porque nas estradas non se invirten. A Deputación da Coruña aproboulles un plan para investimentos nas estradas municipais, e onde vai ese diñeiro? porque non se ve por ningures.

Tapan as fochancas co que semella oil queimado e gravilla, nunha mestura barata e provisional que non soluciona nada. Tampouco fan as cunetas, e coa choiva, a agua rebordará sobre o firme. Van ao barato…, para aforrar cartos? Pero que ninguén se engane. Onde acaban eses cartos, porque nas estradas municipais e no mobiliario urbano, non.

Os sinais de tráfico están tirados ou a punto de caer. O mobiliario urbano abandonado total. Os carteis sinalizadores dos núcleos de poboación tirados no chan.

5
Fochancas tapadas co que semella unha mestura de oil queimado e gravilla. O sinal de Stop a piques de caer e as cunetas sen facer. Onde van os cartos que viñeron para estas obras?

IMG-20180929-WA0024
O sinal de stop caído, silvas xunto á marquesiña e marquesiña en moi mal estado

IMG-20180929-WA0023.jpg
Cartel sinalizador dos núcleos de poboación tirado á beira dunha leira de millo en Nantón