16 anos de desgoberno en Cabana, Que fan cos cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

A Conselleira do Mar visita Cabana pero “esquece” falar das “augas fecais” no litoral cabanés

A Conselleira do Mar visitou Cabana no día de hoxe para inaugurar a Casa do Pendón e de paso, facer publicidade das maravillas que xestiona o seu departamento. Pero “esqueciu” falar das “aguas fecais” no litoral cabanés e o desgoberno continúa en silencio…, mentras OGPO, S.L. ten unha concesión de preto dun millón de euros para precisamente xestionar o saneamento.

A quen pretenden “estafar”?

Cidadanía en Movemento, Que fan cos cartos?, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Case 30.000 euros nas “catro farolas” do lugar do Rieiro. Onde van os cartos?

A eficiencia enerxética non está no alumeado público. Parece que está máis ben nos bolsillos…. Quen se vai creer que no lugar do Rieiro (O Esto) se gastaron 30.000 € na eficiencia enerxética do alumeado público?

Onde van os cartos?

Cartel da obra no lugar do Rieiro, parroquia do Esto
Exceso de cables no alumeado público
Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Que fan cos cartos?

As tuberías das obras de saneamento de Nantón, a resgardo na “casa dun amigo”. Por que pararon as obras? Faltaba o permiso da Xunta ou da Deputación?

Hoxe temos as tuberías…., e a auga para cando? Na Ameixenda levan 6 anos esperando as tuberías pola auga, que non dá chegado. A auga que ía vir hai 16 anos para o polígono de Nantón, NUNCA chegou, e as tuberías apodrecen baixo a terra.

Ubicación actual das tuberías das obras de saneamento de Nantón
Primeira ubicación das tuberías das obras de saneamento de Nantón
Cidadanía e Participación, Que fan cos cartos?, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

As tuberías da auga que se instalaron hai 8 anos e que nunca chegaron ó polígono industrial de Nantón. Búrlanse da Cidadanía..? Parécelles que somos tontos?

Hai oito anos máis dun millón de euros veu da Unión europea para poñer a auga no polígono de Nantón e suministrar auga á Cidadanía. Puxéronse tamén tuberías, como se colocaron hai 6 anos no lugar da Ameixenda, en Nantón. Pero xa pasou o tempo…., e a auga nunca chegou…

Que foi dese millón e pico de euros que ía abastecer de auga á Cidadanía de Anos, a de Nantón e ó polígono industrial de Nantón? Que pasou con eses cartos? Por que as tuberías están apodrecendo baixo a terra?


O alcalde debera explicar por que se colocan as tuberías sen ter a garantía do subministro de auga. Tamén debera explicar que pasou co millón e pico de euros que viñeran da Unión europea para subministrar auga ao polígono de Nantón… Xa tarda!

E que pasa co polígono industrial de Nantón? Por que os cartos que se invirten no arranxo das casas rectorales e en facer sendas peatonais nas estradas da Xunta, non se invirten no polígono de Nantón?

O polígono industrial de Nantón, a toxos
Chapuzas nas obras públicas, Cidadanía en Movemento, O abandono do patrimonio, Que fan cos cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

O paseo marítimo cabanés comeza a dar a nota, pola súa falla de mantemento. Risco de tropezo e caídas para as persoas!

A falla de mantemento do paseo marítimo cabanés comeza a verse. E é que o desgoberno non está o que tiña que estar.

O paseo marítimo non dá cartos como o fai o Dolmen, e de aí que parece que non interesa tanto a súa conservación.

Comezan a esnaquizarse as losetas e isto supón un perigo para as persoas maiores que pasean, porque poden caer e ferirse.

Cidadanía e Participación, Cidadanía en Movemento, Máis transparencia por favor, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Que fan cos cartos?

Ai, ai, ai….! 49.791,52 € máis ive, para colocar tres farolas na praza de Canduas? Que fixeron cos cartos? Fai falla moita máis transparencia e información porque a Cidadanía igual vai pensar que é o que non é

Ai, ai, ai…! , que aínda habemos de coller ao desgoberno in fraganti. 49.791,52 € máis ive, para colocar tres farolas na praza de Canduas? Que fixeron cos cartos? Fai falla moita máis transparencia, máis transparencia e información pública, porque a Cidadanía vai pensar o que non é…!

IMG-20181115-WA0001
49.791,52 € máis ive, para colocar tres farolas na praza de Canduas? Que fixeron cos cartos? Fai falla moita máis transparencia

IMG-20181115-WA0002
49.791,52 € máis ive, para colocar tres farolas na praza de Canduas? Que fixeron cos cartos? Fai falla moita máis transparencia

IMG-20181115-WA0003
49.791,52 € máis ive, para colocar tres farolas na praza de Canduas? Que fixeron cos cartos? Fai falla moita máis transparencia

IMG-20181115-WA0004
49.791,52 € máis ive, para colocar tres farolas na praza de Canduas? Que fixeron cos cartos? Fai falla moita máis transparencia

Cidadanía en Movemento, Que fan cos cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Hai máis que quentar o sillón municipal: camiños que cerran coa maleza. A política de abandono absoluto do desgoberno cabanés

Tras máis de 16 anos de quentar o sillón municipal, de abandono dos camiños municipais, e de só mirar para o Dolmen de Dombate, os camiños de zahorra foron pechando pola maleza, ata facerse intransitables. O de Nantón, xa está comesto pola vexetación e no de Neaño, a herba xa medrou enrriba da zahorra.

Se fan algunha obra é para enriquecer o patrimonio eclesiástico, como é o caso da casa do cura de Nantón, o pombal ou a casa rectoral de Cesullas.

IMG-20180929-WA0028.jpg
Camiño cerrado pola maleza en Nantón, tras 16 anos de abandono do desgoberno cabanés

IMG-20180929-WA0019.jpg
Camiño en Neaño, A zahorra xa foi tapada pola herba, tras 16 anos de abandono do desgoberno cabanés

IMG-20180929-WA0027.jpg
Pombal da rectoral de Nantón, arranxado co diñeiro público da Cidadanía de Cabana

Chapuzas nas obras públicas, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Que fan cos cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Diferencias entre unha beirarrúa no concello de Cabana e unha beirarrúa de calquer outro concello

As diferencias son evidentes. Mentras que as beirarrúas no concello de Cabana son chapuzas, noutros concellos da comarca de Bergantiños, as beirarrúas están perfectamente construídas, pintadas, con accesos para persoas con diversidade funcional e respetan os accesos aos garaxes e ás vivendas.

En Cabana, pola contra, o firme cor salmón presenta desniveis importantes, non é uniforme, non cumpre coa normativa de accesibilidade para persoas con discapacidade…., e un longo etcétera…. Chapuzas… ou “montañas rusas” como xa as chama a Cidadanía. Cabana está a sofrir alomenos dezaseis anos de atraso nas obras públicas.

Que fan cos cartos? É así como empregan os cartos que obteñen dos distintos plans da Deputación?

1
Beirarrúa da principal estrada da parroquia de Canduas

22
Beirarrúa noutro concello da comarca de Bergantiños

2
Beirarrúa noutro concello da comarca de Bergantiños

Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Chapuzas nas obras públicas, Que fan cos cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Diferencias entre o carril bici de Cabana e calquer outro carril bici doutro concello. Chapuzas alarmantes nas obras públicas

Cales son as diferencias entre unha obra realizada no concello de Cabana e calquer outra obra realizada noutro concello da Costa da Morte?

Aquí están as diferencias nestas dúas imaxes. Cal é o problema? falla de control sobre o contratista que executa a obra, o desleixo do director de obra, a mala calidade dos materiais ou a inexperiencia….? Que é o que falla aquí?

Que fan cos cartos públicos?

2.jpg
Senda e carril bici en Neaño, no concello de Cabana.  Aproximadamente 3 cm de morteiro peneirado con pigmento salmón por enriba

3.jpg
Senda e carril bici noutro concello da comarca. Aglomerado encauchado de cor feito na planta