16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Onde van os cartos?, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Para onde vai o diñeiro da Cidadanía de Cabana? Só os “cobardes” agochan información á Cidadanía e incumpren coa Lei de Transparencia. A falla de información leva a preguntarnos unha e outra vez que se fai co diñeiro público

Non se proporciona toda a información que se debera á Cidadanía de Cabana: nin das actas dos Plenos, nin da adxudicación e formalización dos contratos públicos….etc. Só os “cobardes” agochan información pública que debera por lei publicarse. Agora por que non a publican? Só eles o saben.

En calquer caso a falla de información conduce a pregutarnos unha e outra vez que se fai cos cartos da Cidadanía de Cabana, o cal é lóxico nunha Democracia onde se prima a participación pública e o dereito á información.

Aquí temos dous exemplos de obras que puidera ser que se realizaran con diñeiro público. Sempre teremos a dúbida de se foi así ou non, precisamente pola falla de información. Entón preguntámonos….

a) Quen pagou a instalación deste hórreo? Foi con diñeiro dun particular ou con fondos públicos municipais?

b) Quen levantou este muro? Foi con diñeiro dun particular ou con fondos públicos municipais?

Quen pagou a instalación deste hórreo? Foi con diñeiro dun particular ou con fondos públicos municipais?

Quen levantou este muro? Foi con diñeiro dun particular ou con fondos públicos municipais?
16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Dimixión xa!, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Outro fracaso do desgoberno: a Torre da Penela aínda é do seu dono. Píllase antes a un mentireiro, cá un coxo….

A quen culpará desta vez o desgoberno deste outro fracaso? Nótase que non traballa o suficiente, que non fai ben os deberes e que por enriba, parece que minte cando sae no xornal “amigo” dicindo que comprou a Torre, sin comprala.


Antes había Torre, agora xa non. Antes había polígono industrial, agora xa non. Antes había mina, agora xa non. Antes había traída de auga para o polígono, agora xa non. Antes o litoral cabanés estaba saneado, agora xa non. Píllase antes a un mentireiro cá un coxo. Pero xa buscará algún culpable, a culpa nunca é del. A culpa é das redes sociais, que o “persiguen”…

Cidadanía en Movemento, Que fan cos cartos?, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Case 30.000 euros nas “catro farolas” do lugar do Rieiro. Onde van os cartos?

A eficiencia enerxética non está no alumeado público. Parece que está máis ben nos bolsillos…. Quen se vai creer que no lugar do Rieiro (O Esto) se gastaron 30.000 € na eficiencia enerxética do alumeado público?

Onde van os cartos?

Cartel da obra no lugar do Rieiro, parroquia do Esto
Exceso de cables no alumeado público
Abandono e desleixo, Chapuzas nas obras públicas, Ilegalidades na contratación pública?, Que foi do polígono industrial de Nantón?

Os depósitos da auga que ía abastecer o polígono industrial de Nantón e as parroquias de Anós e Nantón, no máis absoluto abandono

Os depósitos de Baneira, que ían levar a auga desde o río Anllóns ata o flamante polígono industrial de Nantón, están abandonados e cheos de maleza e as tuberías enterradas xa podrecen entre a terra. Que foi do millón e pico de euros que había para levar a auga do río Anllóns ata o polígono de Nantón?

Abandono, desleixo…., non lles importa nada. Así está Cabana, igual cos depósitos de Baneira, abandonada e entre a maleza. Ata os eucaliptos medran enriba do formigón…

Vaite xa! Onde van os cartos? Debería dárlles vergoña! Queremos máis transparencia!

Así está o depósito de Baneira, que ía levar a auga desde o río Anllóns ata o flamante polígono industrial de Nantón: abandonados, cheos de maleza e no máis absoluto desleixo

Así está o depósito de Baneira, que ía levar a auga desde o río Anllóns ata o flamante polígono industrial de Nantón: abandonados, cheos de maleza e no máis absoluto desleixo

Así está o depósito de Baneira, que ía levar a auga desde o río Anllóns ata o flamante polígono industrial de Nantón: abandonados, cheos de maleza e no máis absoluto desleixo

Así está o depósito de Baneira, que ía levar a auga desde o río Anllóns ata o flamante polígono industrial de Nantón: abandonados, cheos de maleza e no máis absoluto desleixo

Así está o depósito de Baneira, que ía levar a auga desde o río Anllóns ata o flamante polígono industrial de Nantón: abandonados, cheos de maleza e no máis absoluto desleixo
Cidadanía e Participación, Que fan cos cartos?, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

As tuberías da auga que se instalaron hai 8 anos e que nunca chegaron ó polígono industrial de Nantón. Búrlanse da Cidadanía..? Parécelles que somos tontos?

Hai oito anos máis dun millón de euros veu da Unión europea para poñer a auga no polígono de Nantón e suministrar auga á Cidadanía. Puxéronse tamén tuberías, como se colocaron hai 6 anos no lugar da Ameixenda, en Nantón. Pero xa pasou o tempo…., e a auga nunca chegou…

Que foi dese millón e pico de euros que ía abastecer de auga á Cidadanía de Anos, a de Nantón e ó polígono industrial de Nantón? Que pasou con eses cartos? Por que as tuberías están apodrecendo baixo a terra?


O alcalde debera explicar por que se colocan as tuberías sen ter a garantía do subministro de auga. Tamén debera explicar que pasou co millón e pico de euros que viñeran da Unión europea para subministrar auga ao polígono de Nantón… Xa tarda!

E que pasa co polígono industrial de Nantón? Por que os cartos que se invirten no arranxo das casas rectorales e en facer sendas peatonais nas estradas da Xunta, non se invirten no polígono de Nantón?

O polígono industrial de Nantón, a toxos
Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Como se nota que as eleccións están de camiño….

Non limparon as cunetas nos últimos 16 anos, e agora veñen a cortar os champiñóns que medran nas beiras. No verán non cortaron nin a herba. Tiñan que pisala os veciños co tractor para poder pasar. Unha risa…., nótase que veñen as eleccións…!


No verán non cortaron nin a herba. Tiñan que pisala os veciños co tractor para poder pasar. Unha risa…., nótase que veñen as eleccións…!

No verán non cortaron nin a herba. Tiñan que pisala os veciños co tractor para poder pasar. Unha risa…., nótase que veñen as eleccións…!

No verán non cortaron nin a herba. Tiñan que pisala os veciños co tractor para poder pasar. Unha risa…., nótase que veñen as eleccións…!
Cidadanía en Movemento, Que foi do polígono industrial de Nantón?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Por que se apoia a empresas instaladas no polígono industrial de Carballo e non ás instaladas en Cabana? Así nos vai. O caso de Collecting Oil

Collecting Oil é unha empresa creada o 24/10/2017, é dicir, fai hoxe 10 meses e 26 días e con domicilio no polígono industrial de Carballo. A sociedade limitada adícase á valorizar desperdicios e chatarras. Ten dous directivos: Roberto Recarey García e Ana González Varela e non consta que teña empregado ningún de Cabana. Agora o concello cabanés autoriza o uso do seu escudo institucional na promoción desta empresa, para a recollida de aceite usado nos domicilios cabaneses.

Sen embargo, esta iniciativa estaría moi ben se a empresa fora cabanesa. Pero non o é. Está asentada no polígono industrial de Carballo, e non no polígono de Cabana. E por que? porque o noso téñeno a toxos. Así nos vai…, o desgoberno cabanés frusta calquer iniciativa de progreso industrial, económico e social de Cabana.

Roberto Recarey tamén é administrador da empresa Leiloyo Canalizaciones y Servicios S.L., con quen comparte cargo con Sergio González Varela  e Serafín González Freijeiro, tamén con participación noutras empresas de canalización (S. González Canalizaciones, S.L. e Afín Cabalizaciones, S.L.)1Datos obtidos do Borme

A empresa contou con financiación da entidade Triodos Bank. Segundo a súa web: https://www.triodos.es/es/conozca-triodos-bank/historias-de-la-banca-transparente/resultados/?projectId=3057132: “Roberto Recarey dedícase desde 2014 a recoller aceite vexetal doméstico e de hostalería en Carballo, A Coruña, para reciclalo e vendelo posteriormente a plantas de biodiésel. Debido ao aumento de demanda dos veciños, Roberto decidiu crear Collecting Oil. Coa súa actividade, contribúe a coidar o medio ambiente e a dar unha solución efectiva ao problema de que facer co aceite vexetal de uso doméstico. Roberto distribúe botes de recollida de aceite entre os veciños e os locais de hostalería para despois recollelo pasado un ou varios meses. O seu éxito levoulle a expandir a súa actividade a outros municipios da provincia, entre eles Malpica, Laxe, Ponteceso e Cabana. En Triodos Bank financiamos a Collecting Oil para que desenvolva a súa actividade de recollida de aceite doméstico”.

A recollida de aceites usados claro que é unha necesidade, pero neste caso falta a transparencia. Por que se apoia a esta empresa en concreto e non a outra? Por que se permite que esta empresa faga uso do escudo do concello? Por que esta empresa non é unha empresa cabanesa?

4

5

 

1

5.jpg