Sin categoría

A Deputación da Coruña inviste 372. 413,39 € na mellora das estradas Muíño -O Burgo, Frinle, Rieiro e Rebordelo en Cabana de Bergantiños

O Plan provincial de Obras e Servizos da Deputación da Coruña correspondente ao ano 2019 inviste preto dun millón de euros no municipio de Cabana de Bergantiños.

A Deputación da Coruña inviste 372.413,39 euros na mellora das estradas Muíño -O Burgo, Frinle, Rieiro e Rebordelo.

Fonte: Deputación da Coruña
Fonte: Deputación da Coruña
Fonte: Deputación da Coruña
Sin categoría

Así quedan as obras da auga de Nantón: a espera e mortas de risa, porque aínda non hai a auga… Fóra xa!! Basta xa de rirse da Cidadanía de Cabana

Poñen as tuberías pero aínda non hai auga. E claro…., de risa. Así quedan as obras e a tubaxe que tería que conducir a auga á veciñanza de Nantón.

Mortas de risa e a espera de agua, así quedan as tubaxes da auga de Nantón. Igual que quedaron hai xa ben anos as tuberías de Corcoesto e as do lugar da Ameixenda en Nantón. Agora a auga do lugar da Pedra tamén queda no aire, porque onde está a auga???


Agora a auga do lugar da Pedra tamén queda no aire, porque onde está a auga???
Abandono e desleixo, Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Cidadanía en Movemento, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Sin categoría

Perden o dereito ao cobro das costas do proceso xudicial da mina de Corcoesto, porque os avogados do desgoberno cabanés, non fixeron nada no xuízo

Resulta que a Xunta de Galicia e a  asociación de Corcoesto, que participaban no proceso xudicial do proxecto mineiro de Corcoesto, teñen dereito a recuperar 4.000 euros máis o IVE, polos gastos orixinados no proceso xudicial á conta da Mineira de Corcoesto, que resultou condenada nas respectivas costas. Sen embargo, o concello non ten dereito a eses cartos, porque seica os seus avogados non fixeron nada, de nada.

E para que ían facer? Se total xa lles pagamos a Cidadanía de Cabana dos nosos petos!!!

E isto boa xestión municipal??? E isto querer aforrar os cartos dos cabaneses?? Se ata a Xunta e a asociación recuperaron os cartos!!! E o concello pérdeos!!!

Pagará o alcalde do seu bolsillo o custe dos servizos xurídicos que non fixeron nada?

777.png

 

 

Máis vale tarde cá nunca, O abandono do patrimonio, Sin categoría

Sen auga o lavadoiro de Leas, que limpan despois de preto de dezaseis anos sen facelo. O desleixo institucional chega a non recoller este patrimonio etnográfico e cultural no futuro Plan urbanístico municipal

Tras as protestas da Cidadanía de Leas, o desgoberno cabanés despois de dezaseis anos limpa o lavadoiro da parroquia, pero déixao sen agua. A Cidadanía quere ver este lavadoiro con auga, como toda a vida.

O patrimonio etnográfico e cultural do concello atópase moi descoidado e nun estado permanente de abandono. A non ser que algúen proteste ou leve o tema á prensa, xa non fan nada.

A mostra máis importante do desleixo institucional do desgoberno cabanés é que nen sequera aparece recollido no futuro Plan xeral de urbanismo, e como todos sabemos, o que non está recoñecido nos papeis, non existe.

IMG-20180829-WA0003
Lavadoiro de Leas, sen auga

Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, Espolio de terreos a baixo custe, O desgoberno cabanés apoia á Xunta no espolio de terreos á cidadanía, Sin categoría

Os terreos para a senda ciclista de Neaño -Cesullas, a prezos de saldo: tan só ofertan 1 € /m2 cando deberían ofertar 43,10 m2. Así calquera fai obras…!!!

40.000 euros a Fenosa para sacar do sitio unha liña soterrada que molesta para a construción da senda ciclista e tan so 1€ para a cidadanía afectada.

Isto é sen dúbida algunha un espolio a prezos de saldo sen precedentes no municipio de Cabana de Bergantiños. E o desgoberno cabanés apoiando o espolio!

IMG-20180709-WA0000.jpg

 

Cidadanía e Participación, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Sin categoría

E o negocio da auga sigue …, pero a costa da cidadanía cabanesa

A empresa coruñesa Organización y Gestión de Proyectos y Obras, S.L, resultaba adxudicataria da xestión integral do servizo de abastecemento e auga potable e saneamento por importe de 987.168,50 euros sen ive.

A pesares do preto de millón de euros que aboará a cidadanía de Cabana, o desgoberno cabanés continuou achegando cartos das arcas públicas, para financiar as obras de substitución do bombeo do Regengo -O Picón, con un orzamento de execución por contrata de 84.000 euros, ive incluído.

E por se isto fose pouco, a mesma empresa Organización y Gestión de Proyectos y Obras, S.L, volve a ser adxudicataria dun novo contrato, para a restauración da ETAP do Regengo, por importe total de 43.076 euros.

bombeo.jpg
Sistema de bombeo dunha ETAP

777777.png
Resolución administrativa pola que se adxudicaba á empresa coruñesa Organización y  Gestión de Proyectos de Obra S.L. a restauración da ETAP do Regengo, por importe de 43.076 euros, ive incluído.

 

Cidadanía e Participación, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Sin categoría

De cando o desgoberno de Cabana soñaba con un kiosco na praia de Rebordelo

Sería moi interesante contar con un servizo de kiosco na zona de aparcamento da praia de Rebordelo. Sería moi interesante, se o desgoberno de Cabana se adicara a promocionar o turismo municipal, en vez de promocionar o de Zas ou o de Carballo, mediante a cesión do tren cabanés, como leva a facer xa medio ano e fixo en anos anteriores.

Pero sen promoción turística algunha, non hai turistas, e sen turistas, os negocios non son rentables. De aí que o concurso quedara deserto e non se presentara ningúen. Porque por enriba o que montara alí o kiosco tiña que pagar!!!

kiosko rebordelo.jpg
O desgoberno cabanés esquece a promoción turística, e sen turismo, non hai visitantes nen economía para os negocios locais.

1111.png

O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Sin categoría, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

4.000 euros de diñeiro público para propaganda na Voz de Galicia e outros, sobre o traballo do Pp cabanés no Dolmen de Dombate; así funciona o desgoberno de Cabana

O Dolmen de Dombate é un bó negocio para os medios de comunicación que cobran carto público para facer propaganda ao centro arqueolóxico e á política do partido popular a costa do diñeiro público.

4.000 euros é o que paga o concello de Cabana para que os medios de comunicación falen unha vez sí e outra tamén do Dolmen de Dombate, e de paso da política cultural do desgoberno cabanés.

la-diputacion-de-a-coruna-confia-la-gestion-del-dolmen-de-dombate-en-el-ayuntamiento-de-cabana-de-bergantinos-1525939448.jpg
Xesús Soto do BNG da Deputación da Coruña, un bó colaborador da política do partido pupular cabanés