16 anos de desgoberno en Cabana, O caos do desgoberno, Tira cá pala pa diante e cala!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

A teoría do Pp cabanés de que as terra e os montes son unha “carga” para as nosas fillas e os nosos fillos ou para que se entenda mellor: como “cederlle gratis” os terreos ao Pp e “amigos”

O Pp cabanés comeza os seus mitins dicindo que non expropia a ninguén. Despois, pasado medio minuto xa rectifica, e di que cando se fixo a senda da Carballa a Neaño tivo que expropiar, porque había algunhas xentes que non daban o que tiñan e querían cobrar (o que non di é que o fixo a prezos de saldo). A continuación explica que tivo que expropiar un cabanote para facer unha praza e que a torre da Penela a vai expropiar á metade de prezo, porque xa viu a lei na Voz de Galicia e que a lei llelo permite. Ollo porque di que a lei a viu na Voz de Galicia, e non nos boletíns oficiais. Parece que lee só a Voz (xa sabemos que é siareiro deste xornal, por algo só anuncia os mitins del e do amigo de Borneiro).
Eso sí, non di que en Canduas expropia a unha familia para facer un acceso a un chalé privado.
Remata dicindo que os montes e as terras témolos que ceder, porque son unha carga para os nosos fillos (non se lembra das fillas), e para que lles queremos deixar esta carga tan grande.
Doe moito este discurso e doe porque eses terreos e esas propiedades a ninguén llelas regalaron, que tivemos todas e todos que gañalas cos nosos suores e esforzos. Cando menos a veciñanza merece respecto e consideración. Eu non vexo que el cedera a ninguén os bens e pisos que lle deixaron en herdanza. E hai expropiacións que ainda non se pagaron e parece que non lle acorda. E hai veciñanza que ten as vivendas sen regularizar urbanísticamente, e tampouco lle acorda axudarlles.
Espero que a veciñanza reflexione sobre estes detalles e o día 26 vote con sentido común.

A teoría do Pp cabanés de que as terra e os montes son unha “carga” para as nosas fillas e os nosos fillos ou para que se entenda mellor: como “cederlle gratis” os terreos ao Pp e “amigos”
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Chapuzas nas obras públicas, Tira cá pala pa diante e cala!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Protestas polas obras do lugar de Monelos, en Canduas, pola auga que entra nas casas e inunda as leiras

Chapuzas e máis chapuzas nas obras públicas do “desgoberno”. O formigonado dunha pista dá lugar á entrada da auga nas casas e á inundacións nas leiras.

Nunca foron boas as présas. As obras feitas a última hora e sen consenso cos veciños e coas veciñas dá lugar a resultados desastrosos. A ausencia de drenaxes adecuados xera que a auga da choiva entre nas casas da veciñanza.

“Nunca fixeron nada ben e agora con estas obras meten a auga ata dentro das cociñas”. Estas son as protestas da veciñanza afectada.

Parece que o importante é facturar polas capas de formigón e “queimar” diñeiro público sen unha planificación previa nin un estudo detallado das obras.

Protestas polas obras do lugar de Monelos, en Canduas, pola auga que entra nas casas e inunda as leiras

O formigonado dunha pista dá lugar á entrada da auga nas casas e á inundacións nas leiras.

O formigonado dunha pista dá lugar á entrada da auga nas casas e á inundacións nas leiras.
Abandono e desleixo, Cidadanía en Movemento, Tira cá pala pa diante e cala!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Urbanismo para os amigos?

Pau xudicial para o “desgoberno”, que ve como se ratifica a decisión do derribo dos depósitos de auga da Ameixenda, en Nantón

A veciñanza confiou no desgoberno e saiulle caro o tema. Sen gardar os retranqueos, enriba do camiño público, en solo rústico de especial protección forestal, sen licencia de obras, sen autorización de Augas de Galicia…., que máis se podía pedir?

E aínda así deixaron guiarse polos consellos do desgoberno, e agora están obrigados ao derribo total dos depósitos por sentencia xudicial firme. Uns depósitos que foron construídos todos de novo, e que agora todos eles teñen que ser derribado sí ou sí por sentencia xudicial firme.

Era de esperar… Que fai o departamento de urbanismo do concello? Que fai a alcaldía? Que clase de asesoramento e “consellos” se lles está a dar á veciñanza que promove obras deste tipo?

Pau xudicial ao desgoberno. A Xustiza obriga ao derribo de varios depósitos de auga no lugar da Ameixenda, parroquia de Nantón

O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Tira cá pala pa diante e cala!, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños

Tira cá pala para adiante e cala! A política de obras do desgoberno cabanés. As obras do aparcadero de Corcoesto, enriba das propiedades privadas? Por que non falou o desgoberno cos propietarios?

En breve comezarán as obras de execución do aparcadero e da senda peatonal na parroquia de Corcoesto. A pista que van asfaltar é de 3 metros, pero as obras abarcan un total de 9 metros, contando co recuamento dun rego enriba das propiedades privadas e unha cuneta formigonada tamén enriba das propiedades privadas, e sabendo como sabe que precisa autorización dos propietarios. E todo esto sen consultar con eles. Pero tranquilos, que esto pasou en case todas as parroquias. El non precisa o permiso dos propietarios. El é Deus!

Así, polas bravas… Metendo a pala para adiante sen máis!