Un municipio sen industria é un municipio que está en fase terminal

Unha empresa vencellada ao Ibex 35, comprométese coa súa implantación a impulsar o polígono industrial de Nantón -Anos, no municipio coruñés de Cabana de Bergantiños

A empresa xeraría sobre todo emprego feminino, alomenos 138 postos directos que irían a parar ás mulleres do municipio cabanés. Aos postos indirectos habería que engadirlle os que se crearían co arranxo das infraestruturas precisas para o acondicionamento do solo industrial.

A auga para o polígono traeríase, sempre co permiso dos propietarios, dunha canteira abandonada que xa estaría ubicada na mesma parroquia na que está o chan industrial.

Un municipio sen industria é un municipio que está en fase terminal.

Unha empresa de ferroaleacións industriais e outra local, xa manifestaron tamén o seu interés.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) preséntase ás vindeiras eleccións como a alternativa que garante chan industrial e emprego para as veciñas e os veciños do municipio.

o CANDIDATO Á ALCALDÍA DE CABANA DE BERGANTIÑOS JOSÉ DÍAZ RODRÍGUEZ, NATURAL DA PARROQUIA DE NANTÓN, LIDERA o compromiso empresarial NO MUNICIPIO BERGANTIÑÁ

O candidato de CIC á alcaldía cabanesa, José Díaz Rodríguez

“Se todo vai conforme ao previsto ata o de agora, unha empresa vencellada ao Ibex 35, instalaríase no polígono de Nantón -Anos da man de CIC, para xerar emprego alomenos para 138 mulleres” 

Un municipio sen industria é un municipio que está en fase terminal