16 anos de desgoberno en Cabana, Cidadanía en Movemento, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

Verteduras á ría preto da praia do Pendón. Así estaba o noso litoral no día de onte. Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprométese ao saneamento integral do litoral cabanés e rematar cos vertidos

Así estaba o litoral cabanés no día de onte. Preto da praia do Pendón agromaban sobre das augas, os restos da materia orgánica producidos pola contaminación.

Ciudadanos Independientes de Cabana (CIC) comprométese ao saneamento integral do litoral cabanés e rematar cos vertidos. Interésanos o marisco da ría e o traballo das mariscadoras, interésanos o desarrollo turístico e interésanos un litoral saneado para garantir a saúde pública e dos nosos ecosistemas.

16 anos de desgoberno en Cabana, Que fan cos cartos?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

A Conselleira do Mar visita Cabana pero “esquece” falar das “augas fecais” no litoral cabanés

A Conselleira do Mar visitou Cabana no día de hoxe para inaugurar a Casa do Pendón e de paso, facer publicidade das maravillas que xestiona o seu departamento. Pero “esqueciu” falar das “aguas fecais” no litoral cabanés e o desgoberno continúa en silencio…, mentras OGPO, S.L. ten unha concesión de preto dun millón de euros para precisamente xestionar o saneamento.

A quen pretenden “estafar”?

16 anos de desgoberno en Cabana, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

O desgoberno: 16 anos vendéndolle á Cidadanía cabanesa a “bicicleta sen rodas” e co cadeado ao poste. Por que non explican á Cidadanía os cartos que gastaron no Programa “Saberes e Sabores”? Por que non explican que con eses cartos podían rematar o paseo marítimo ata Ponteceso?

Miles e miles de euros gastaron no Programa Saberes e Sabores. E en que os gastaron? pois facendo “cousiñas bonitas” no Dolmen de Dombate, nas rutas dos pinchos, dándolle de comer os “amigos” polas parroquias…

Por que non lle explicades á Cidadanía que con todos eses cartos gastados e todo ese despilfarro podiase rematar o paseo martítimo de Cabana ata Ponteceso?

O remate do paseo marítimo cabanés e o saneamento do litoral, dúas das grandes asignaturas pendentes do desgoberno
16 anos de desgoberno en Cabana, Abandono e desleixo, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

A cara do feísmo no paseo marítimo cabanés: tuberías no fondo do mar, suciedade e desprendementos de terras. Así é a política do desgoberno

Augas sucias, tuberías que amosan entre a area das praias, desprendementos de terra…..Que fai o desgoberno? Que turistas poden visitar Cabana co feísmo que se está a instaurar no litoral cabanés?

Desprendemento de terras no paseo marítimo cabanés
Augas sucias no litoral cabanés, á beira do paseo marítimo
Restos de tuberías que afloran entre a area das praias do litoral cabanés

Restos de tuberías que afloran entre a area das praias do litoral cabanés

Restos de tuberías que afloran entre a area das praias do litoral cabanés
En investigación..., O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

O alcantarillado das Revoltas, Pedracuca e Exipto, directamente á ría cabanesa? A vergoña multiplícase. En pleno século XXI, as verteduras emporcan o litoral cabanés e a praia do Pendón. Non fan nada? Só quentan a silla?

Co temporal rebordou o alcantarillado cabanés, porque parece que as augas pluviais non se separan das augas residuais cando debera facerse. O rexistro colector e a fosa séptica que está á beira do paseo marítimo, na praia do Pendón rebordou e a porquería unha vez máis, foi parar á ría.

Así funciona o desgoberno cabanés. E logo a Cidadanía paga o recibo da auga para que todo acabe na ría, cando tiña que acabar na depuradora de Lodeiro, en Canduas. Pero parece que non é así. Que fixeron cos cartos?

É unha vergoña moi grande que en pleno século XXI as augas residuais do litoral cabanés acaben na ría, pola falla do debido saneamento.

Os cartos en vez de ir para facer un saneamento integral do litoral, van a parar a manchea á casa do Pendón. Vergoña…! Non hai palabras. Para que cobran o recibo polo saneamento cando parece que non sanean nada???

Cidadanía en Movemento, Queren convertir o núcleo urbano de Neaño nun estercoleiro ou que?, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

Toalliñas, bastonciños, papel hixiénico, compresas e outros produtos de hixiene persoal…, todo vai sen sanear. Cando pensarán arranxar o saneamento das augas residuais? Queren converter o núcleo de Neaño nun estercoleiro?

Toalliñas, bastonciños, papel hixiénico, compresas e outros produtos de hixiene persoal…, todo vai parar á ría sin sanear. Cando pensará o desgoberno cabanés arranxar o saneamento das augas residuais de Neaño.

Isto non pasaría se o concello tivese a rede de saneamento controlada, ao igual que a empresa que a xestiona, que para iso cobra dos impostos da Cidadanía de Cabana.

Esta é unha fotografía do día de hoxe. Ao mesturarse as aguas pluviais coas fecais, a forza da auga empuxa os residuos á beira do rego.

Queren convertir ao núcleo de Neaño nun estercoleiro? Cando pensan arranxar o saneamento?

9999
Queren convertir o núcleo urbano de Neaño nun estercoleiro?

IMG-20181108-WA0016
Augas residuais no núcleo urbano de Neaño, sin sanear. Queren convertir o núcleo urbano de Neaño nun estercoleiro?

O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Onde van os cartos?, Que "agacha" o silencio da oposición cabanesa?, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

O alcalde cabanés, de baranda por Croacia, mentras que o alcantarillado de boa parte de Neaño vai parar a ría de Corme -Laxe e a Cidadanía bebe auga que parece “cola-cao”

Esta parece ser a ansia que lle dá Cabana. O importante é que a empresa OGPO, S.L., agora chamada Hidrantia do Vicente Lourido, siga facendo negocio á costa da Cidadanía de Cabana. O que parece importar é máis o peto que a porquería do alcantarillado que vai sen sanear pola ribeira abaixo.

Parece tamén que importa máis o peto que a auga que bebe a Cidadanía de Neaño e Canduas.

9999.png

666.jpg
Cal destas augas se parece á que bebe a Cidadanía de Neaño e cal delas se parece á que bebe a Cidadanía de Canduas?

777777
Verteduras ao litoral cabanés

FOTO 4
Verteduras ao litoral cabanés

Cabana de Bergantiños necesita con urxencia un cambio de goberno, O que a cidadanía de Cabana descoñece do seu concello, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

Regueifeiros cabaneses piden ás Santiñas un cambio de goberno en Cabana de Bergantiños, para as vindeiras eleccións municipais

Que nosa Señora do Saliente, a Virxe do Espiño, o Carme do Briño e Santa Mariña do Remoíño se apiade dos cabaneses!

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….,

aínda hemos coller un cancro que nos acabe coa vidiña,

despois de 16 anos seguimos sen facer nada…,

só co cu sentado na silla da alcaldía,

e mentras Neaño e Canduas bebendo auga amarilla,

a ver que nos depara ese día…

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

Que as Santiñas busquen unha alternativa ao desgoberno,

que traian un candidato, honrado e honesto,

que traballe desde a alcaldía polas necesidades da cidadanía.

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

Que Deus vaia dando saúde,

só valen para pasar recibos, zahorra peneirada e gravilla,

aquí e acolá; gracias a Voz de Galicia,

coma quen que traballan, cando fan todo con malicia.

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

Non hai máis que ver as cheas na casa da vela,

mentras as fochancas e as buratas se atravesan na carretera,

e a ría vai enchéndose de merda.

Con un polígono industrial a toxos

a ver cando se desenvolve Cabana,

que nin emprego nin industria,

vamos a acabar en nada.

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

Que a Virxe do Saliente vos vexa fóra algún día, que a Sta. Mariña do Remoíño, vos remova do niño e Deus nos axude Virxe do Espiño.

Acórdate de Cabana, nosa Carme do Briño!

Que hai máis de 16 anos que estamos co cu no niño.

Que a merda vai toda para a ría,

e seguimos na alcaldía….

8888

888.jpg
Romaría do Carme do Briño, parroquia de Borneiro

 

 

Cidadanía en Movemento, Fallos na saneamento do litoral cabanés, Un futuro mellor para Cabana de Bergantiños, Verteduras de augas residuais á ría de Corme -Laxe

Localizado un segundo punto de verquido no litoral cabanés. Saen á luz os segredos do desgoberno cabanés: verquidos a eito na ría?

Éncheselles a boca falando de Dombate, pero o litoral cabanés está de pena. No seu día gastáronse 240 millóns das antigas pesetas, para a acometida do saneamento integral do litoral cabanés, pero hoxe en día, onde está o saneamento? Que fan cos cartos? Ningún municipio moderno do século XXI permitiría tal atrocidade, e por que temos que soportar isto a Cidadanía de Cabana?

Váianse xa!

IMG-20181004-WA0011
Punto de verquido entre as Revoltas e as Grelas, Cabana de Bergantiños

IMG-20181004-WA0013
Punto de verquido entre as Revoltas e as Grelas, Cabana de Bergantiños

IMG-20181004-WA0015
Punto de verquido entre as Revoltas e as Grelas, Cabana de Bergantiños

IMG-20181004-WA0012
Punto de verquido entre as Revoltas e as Grelas, Cabana de Bergantiños